Pablo Ruiz
Pablo Maximiliano Miguel Coronel Vidoz, nado en Buenos Aires o 4 de maio de 1975, coñecido popularmente como Pablito Ruiz ou como Pablo Ruiz, é un cantante arxentino, moi popular na Arxentina e México a finais dos anos 80.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1975 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, cantante, artista discográfico ![]() |
Período de actividade | 1985 ![]() |
Xénero artístico | Música pop ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Capitol Records ![]() |
Sitio web | pabloruizweb.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Traxectoria
editarIntegrou desde neno o elenco coral de Festilindo no período 86-88, destacando pola cor da súa voz, razón pola cal era o encargado de abrir diariamente o ciclo. Chegou a presentarse no teatro Colón de Bos Aires.
En 1989fíxose coñecer con cancións como "Oh mamá, ella me ha besado", "Sol de verano", "Orgullosa nena", "Hawái", "Océano", "Lady, Lady" ou "La malagueña", canción reeditada do mariachi ao xénero pop, que anteriormente tamén foi adaptada da copla española. O seu éxito foi fugaz e logo de gravar o seu cuarto disco Espejos azules afastouse dos escenarios ao cambiar o seu ton de voz dada a súa saída da adolescencia e unha cirurxía de nariz que lle afectou neste sentido.
En 2002, retorna ao país onde fai actuacións no programa da presentadora arxentina Susana Giménez na súa sección El Circo de las Estrellas. Participou no programa televisivo conducido por Marcelo Tinelli, ShowMatch no "Bailando por un sueño", sendo eliminado na semana 14.
En 2011, Ruíz confesou ser homosexual, logo de que se coñecese o ano anterior unha noticia similar do seu amigo e tamén cantante Ricky Martin[1][2]. Ese mesmo ano, participou no programa Canta si puedes de Perú, no cal debía cantar unha canción mentres era atacado por dous cans rottweiler.
En 2012 realiza unha participación especial na telecomedia de Telefe, Graduados como el mesmo. En 2014 xerouse polémica por un suposto plaxio de parte da banda australiana Tame Impala. Un medio chileno asegura que a súa canción "Océano" foi plaxiada na canción "It Feels Like We Only Go Backwards" dos australianos.
En 2014 participou en varias galas de Tu cara me suena 2. Imitou a Bruce Springsteen, substituíndo a Miguel Ángel Rodríguez. Tamén acompañou a Coki Ramírez imitando a Ricky Martin e a Patrick Swayze en Dirty Dancing.
Discografía
editarAno de publicación | Álbum | Discográfica |
1985 | Pablo Ruiz
|
EMI Capitol |
1988 | Un ángel
|
EMI Capitol |
1989 | Océano
|
EMI Capitol |
1990 | Espejos azules
|
EMI Captiol |
1992 | Irresistible
|
EMI Capitol |
1994 | 60/90
a) "Rock de la cárcel" |
EMI Capitol |
1997 | Aire
|
Sony Music |
1999 | Was it Something that I didn't Say
|
EMI Capitol |
2001 | Jamás
|
EMI Capitol |
2003 | Necesito tus besos
|
EMI Capitol |
2005 | Demasiado tarde
|
EMI Capitol |
2010 | Renace
|
PATTAYA 21 |
Notas
editar- ↑ "Pablito Ruiz presentó a su novio y confesó que se quiere casar con él".
- ↑ "El cantante Pablo Ruiz confesó haber besado a Ricky Martin". La Tercera (en castelán). Consultado o 2018-07-05.