Pablo Beiro
deportista paralímpico e político galego
Pablo Beiro Diz, nado en Vigo en 1962 e finado na mesma cidade o 28 de febreiro de 2015, foi un deportista paralímpico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 28 de febreiro de 2015 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | concelleiro, atleta paralímpico ![]() |
Partido político | Partido Popular de Galicia ![]() |
Deporte | atletismo paralímpico ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/4/4b/Club_Amfiv_-_Getafe_BSR_-_Jornada_17_-_Foto_N%C2%BA_19.jpg/220px-Club_Amfiv_-_Getafe_BSR_-_Jornada_17_-_Foto_N%C2%BA_19.jpg)
Traxectoria
editarQuedou parapléxico despois dunha deficiente operación cirúrxica. Rexentou un quiosco de prensa en Canido desde 1978. Traballou na ONCE.
Comezou a practicar o baloncesto en cadeira de rodas en Toledo. En 1982 cofundou e presidiu o Club Deportivo Baloncesto AMFIV (Asociación de Minusválidos Físicos de Pontevedra). Xogou na Selección de baloncesto de España paralímpica nos VIII Xogos paralímpicos de Seúl 1988.
Foi concelleiro do concello de Vigo polo Partido Popular desde 2009.[2]
Recoñecérono como Vigués distinguido no ano 2000. Un pavillón municipal de deportes en Bouzas leva o seu nome.
Notas
editar- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ "José Manuel Couto deja el Concello para que se incorpore Pablo Beiro". La Voz de Galicia (en castelán). 29/8/2009.