Pío Príncipe
Pío Príncipe Gracia de Romero, nado en Jaca en 1866 e finado en Ourense o 14 de xaneiro de 1933, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1866 ![]() Jaca, España ![]() |
Morte | 14 de xaneiro de 1933 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarEstudou no Colexio San Ildefonso do Escorial. Tenente de Carabineiros. Foi destinado a Ourense en 1914, onde se xubilou. Ao retirarse dedicouse á actividade industrial. Integrouse no grupo republicano de Ourense do que formou parte da súa directiva xa en 1918. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Despois da escisión da Federación Republicana, organizou o Partido Radical con Luis Fábrega Coello, Fernández Pérez, Santos Fernández Fueyo e Antonio Buján Pérez; foi presidente do Partido e administrador de El Radical (1931). Foi nomeado secretario xeral do Partido Radical de Ourense o 8 de xaneiro de 1933.[1] Finou en Ourense o 14 de xaneiro.[2][3]
Recoñecementos
editarCabaleiro da Orde de San Hermenegildo.
Vida persoal
editarCasou con María Brunet Berta e foi pai de Soledad, Josefa, Juana, Pío e Emilio Príncipe Brunet.