Os pronomes persoais galegos
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Os pronomes persoais son palabras que substitúen o substantivo e sinalan temporalmente seres ou obxectos en determinados contextos. En galego existen os seguintes pronomes persoais:
singular | plural | |
---|---|---|
primeira persoa | eu, min | nós, nosoutros/nosoutras |
segunda persoa | ti | vós, vosoutros/vosoutras |
terceira persoa | el/ela, vostede, si | eles/elas, vostedes, si |
Pronomes complemento coa preposición con:
- comigo: Carme bailou comigo
- contigo: Túa nai quería falar contigo
- consigo (con el/ela): Carlos estivo pelexando con el
- connosco: Ven xantar connosco
- convosco: Vou xogar convosco
- consigo (con eles/elas): Vou ao mercado con elas
Pronomes complemento co resto das preposicións (a, de, por, para...)
- min: Estiveron falando de min
- ti: Este xersei é para ti
- el, ela: Estás todo o día mirando para ela
- nós: Elas trouxeron esa agasallo para nós
- vós: Non esperaba iso de vós
- eles, elas: Podes ir xogar con eles
Contraccións dos pronomes persoais
editarFixádevos que as terceiras persoas (el, ela, eles, elas) contraen coas preposicións de e en:
el | ela | eles | elas | |
---|---|---|---|---|
de | del | dela | deles | delas |
en | nel | nela | neles | nelas |
Os pronomes complemento
editarPronomes complemento sen preposición:
me | te/che | o (lo, no); a (la, na); lle |
nos | vos | os (los, nos); as (las, nas); lles |
- me: Viume onte / Deume un regalo
- te / che: Viute o outro día / Vinche o embigo. Cando ó poñer a frase en terceira persoa o pronome resultante sexa o (lo, no), en segunda persoa será te: vino o outro día -> vinte o outro día
Cando ó poñer a frase en terceira persoa o pronome resultante sexa lle, en segunda persoa será che: vinlle o embigo -> vinche o embigo - o (lo, no); a (la, na); os (los, nos); as (las, nas)
Cando van diante do verbo sempre se emprega o (non O vin); cando este pronome vai despois do verbo pode adoptar as seguintes formas:
- o: emprégase cando o verbo co que vai remata en vocal que non forme ditongo ou en consoante distinta de -r ou -s: cántao, cántano
- lo: emprégase cando o verbo co que vai remata en -r ou -s: cantalo
- no: emprégase cando o verbo co que vai remata en ditongo: canteino; comeuno
- lle; lles: Merqueille un libro ao neno; Xa lles falei de ti.
- nos: Ela viunos / Xosé pediunos a receita
- vos: prestáronvos o libro
Contraccións dos pronomes complemento
editarAs contraccións destes pronomes co pronome de complemento directo o, os, a, as son:
galego |
---|
me + o = mo |
che + o = cho |
lle + o = llo |
nos + o = nolo |
vos + o = volo |
lles + o = llelo |
Por exemplo:
- deumo/deicho/deillo ó neno
- déunolo/déuvolo/déillelo ós nenos
Cómpre saber ademais que ...
editar- O pronome da segunda persoa: che/vos (para o tratamento familiar) ou lle/lles (para o tratamento de cortesía) emprégase en galego cando se quere implicar o noso interlocutor no que estamos a dicir. Estámonos a referir ao pronome de solidariedade. Daquela podemos dicir: o Xan évos unha boa persoa, o Xan élle unha boa persoa, o Xan élles unha boa persoa
- Cando hai varios interlocutores mesmo pode aparecer dúas veces o pronome de solidariedade, unha en singular e outra en plural: O Xan échevos unha boa persoa
- Vídeo pedagóxico sobre convosco e connosco (no programa Ben Falado)