Os probes de Deus
Os probes de Deus é unha novela curta de Luís Amado Carballo. Datada en Pontevedra en novembro de 1923, saíu editada o 31 de xaneiro de 1925 no n.º 5 da revista-editorial Lar.
Os probes de Deus | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Os probes de Deus |
Autor/a | Luís Amado Carballo |
Cuberta | Camilo Díaz Baliño |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Lar n.º 5 |
Data de pub. | 31 de xaneiro de 1925 |
Formato | Tapa branda |
Precedido por | Maliaxe |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarA obra narra a vida de varios anciáns que viven nun asilo dunha vila costeira, como o labrego Pedro Lueiro, o mariñeiro Cibrán do Estevo, un cego que conta historias vellas, un poeta republicano tísico, a fidalga Malvina de Gondarel ou o parvo de Codeseda. Alí rememoran as súas vidas pasadas ao tempo que fan algunhas tarefas para levar.
Narración
editarAparecen reflectidos os diferentes estamentos sociais da época. As temáticas representadas falan de tópicos xa tratados por Amado Carballo en relatos anteriores, como a relixiosidade, a hipocrisía social, o caciquismo ou a explotación laboral.
A trama discorre nun mes de Nadal.
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Os probes de Deus |
Bibliografía
editar- Amado Carballo, L.:Obra completa. Editorial Galaxia, 1995. ISBN 84-7154-974-3