Orquestra Sinfónica de Castela e León
A Orquestra Sinfónica de Castela e León (Orquesta Sinfónica de Castilla y León, abreviadamente OSCyL) é o conxunto orquesteal oficial da Comunidade castelá e leonesa.
Alcume | OSCyL |
---|---|
País | España (Castela e León) |
Cidade | Valladolid |
Teatro | Centro Cultural Miguel Delibes |
Anos de actividade | Desde 1991 |
Tipo de formación | Orquestra sinfónica |
Xénero | Música clásica |
Sitio web | Sitio web oficial |
Consta de máis de 80 músicos de diferentes nacionalidades e tivo catro directores oficiais: Max Bragado-Darman, Alejandro Posada, Lionel Bringuier e Andrew Gourlay. Ten a súa sede oficial desde o ano 2007 no Centro Cultural Miguel Delibes.
Ao longo de máis de tres décadas, a Orquestra Sinfónica de Castela e León ofreceu centos de concertos xunto a unha longa lista de artistas, entre os que destacan os mestres Jesús López Cobos (director emérito), Semyon Bychkov, Vasily Petrenko, Gianandrea Noseda, Leonard Slatkin, Pinchas Steinberg, Giovanni Antonini, Yan Pascal Tortelier, Jukka-Pekka Saraste, David Afkham o Leopold Hager; os cantantes Ian Bostridge, Leo Nucci, Renée Fleming, Juan Diego Flórez, Magdalena Kožená, Rufus Wainwright e Angela Gheorghiu; e instrumentistas como Daniel Barenboim, Vilde Frang, Maria João Pires, Frank Peter Zimmermann, Javier Perianes, Truls Mørk, Viktoria Mullova, Ivo Pogorelich, Emmanuel Pahud, Chick Corea, Michel Camilo, Midori, Nikolai Lugansky, Pinchas Zukerman e Vadim Repin, entre outros.[1]
A Orquestra Sinfónica de Castela e León levou a cabo importantes estreas e realizado diversas gravacións para Deutsche Grammophon, Bis, Naxos, Tritó ou Verso.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Indormación da OSCyL. Consultada o 6 de novembro de 2012.