Onda lonxitudinal
Unha onda lonxitudinal é unha onda na que o movemento de oscilación das partículas do medio é paralelo á dirección de propagación da onda. As ondas lonxitudinais reciben tamén o nome de ondas de presión ou ondas de compresión. Algúns exemplos de ondas lonxitudinais son o son e as ondas sísmicas de tipo P xeradas nun terremoto.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/6/62/Onde_compression_impulsion_1d_30_petit.gif)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/9/9b/Ondes_compression_2d_20_petit.gif)
A figura inferior ilustra o caso dunha onda sonora. Se imaxinamos un foco puntual xerador de son, as frontes de onda desprázanse afastándose do foco, transmitindo o son a través do medio de propagación, por exemplo, aire.
Por outro lado, cada partícula dunha fronte de onda calquera oscila en dirección da propagación, isto é, inicialmente é empuxada na propagación por efecto do incremento de presión provocado polo foco, retornando á súa posición anterior por efecto da diminución de presión provocada polo seu desprazamento. Deste xeito, as consecutivas capas de aire (frontes) vanse empurrando unhas a outras transmitindo o son.