Olga Guillot
Olga Guillot, nada en Santiago de Cuba o 9 de outubro de 1922 e finada en Miami (Florida) o 12 de xullo de 2010[1], foi unha cantante cubana de boleros. Era coñecida co alcume de La reina del bolero.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1922 Santiago de Cuba |
Morte | 12 de xullo de 2010 (87 anos) Miami Beach, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | actriz, cantante, música |
Período de actividade | 1945 - |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Voz |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of Caribbean and Afro–Latin American Biography |
|
Traxectoria
editarDe nova mudouse coa súa familia á Habana, onde formou coa súa irmá Ana Luisa o dúo Hermanitas Guillot, presentado con éxito no programa de radio La Corte Suprema del Arte. En 1938 iniciou a súa formación musical coa soprano Hortensia Cohalla e o cantante Mariano Meléndez.
A comezos da década de 1940 formou parte como segunda voz do cuarteto Siboney, dirixido pola compositora Isolina Carrillo. O pianista Facundo Rivero, que tamén formou parte do cuarteto, descubriu as posibilidades de Olga como solista e a fixo debutar no Zombie Club da Habana en 1945. En 1946 gravou a versión en castelán de "Stormy weather", popularizada por personalidades como Billie Holiday, coa que acadou grande éxito. Ese mesmo ano foi seleccionada pola Asociación de Críticos como a cantante máis destacada de Cuba, o que lle serviu para que Miguelito Valdés a levase a Nova York a gravar para o selo Decca Records.
En 1948 o tenor René Cabell levouna a México, onde filmou a súa primeira película: La venus de fuego, xunto a Meche Barba. Tamén gravou algunhas pezas musicais acompañada da orquestra de Gonzalo Curiel.
En 1952 e 1953 percorreu case toda Latinoamérica e gravou co apoio do pianista e compositor Juan Bruno Terraza. En 1954 firmou contrato de exclusividade co selo Puchito e gravou "Miénteme", do mexicano Chamaco Domínguez. En 1957 regresou a México, acadando sona co bolero "Tú me acostumbraste", de Frank Domínguez. Tamén gravou para Musart, acompañada por José Sabre Marroquín. En 1958 viaxou a Europa e actuou no Palm Beach Casino de Cannes.
En 1961, por mor da súa oposición á revolución cubana, abandonou a illa e trasladouse a Venezuela, para posteriormente asentarse en México de forma definitiva. Ese mesmo ano recibiu o disco de brillante polas súas altas vendas, as maiores en Cuba de 1954 a 1960. En 1963 a Academia de Artes John F. Kennedy de Hollywood concedeulle o premio Palmas de Ouro como a mellor bolerista latinoamericana.
Recoñecida xa como unha gran figura, o 31 de outubro de 1964 realizou o seu primeiro e histórico concerto no Carnegie Hall de Nova York, sendo a primeira artista de fala hispana en actuar nese prestixioso teatro. Ese mesmo ano o compositor mexicano Luis Demetrio compuxo para a súa voz o bolero "Voy".
Cantou tamén xunto a Los Panchos e triunfou en España. Levou "Adoro", de Armando Manzanero, á fama mundial. Gravou o tema "Me muero, me muero", da mexicana Lolita de la Colina, coa que foi considerada "pioneira da canción erótica".
Discografía
editar- Sus primeros éxitos (1946)
- Olga Guillot (1954)
- Romance y melodía (1956)
- Olga Guillot (1957)
- Intimidades (1958)
- Creaciones de la Guillot (1958)
- Olga en México (1959)
- Olga de Cuba (1960)
- Comunicando (1961)
- Olga (1961)
- Canciones de María Grever (1962)
- Temperamental (1963)
- Lo mejor de Olga Guillot (1963)
- La Insuperable Olga (1964)
- Añorando el Caribe (1964)
- 12 éxitos románticos (1964)
- Más éxitos románticos (1965)
- Y siguieron los éxitos (1966)
- Bravo (1967)
- Adoro & Celoso (1967)
- Olga le canta a América (1968)
- Olga Guillot interpreta a Manzanero (1968)
- Olga Guillot Volumen 14 (1969)
- La mujer que te ama (1970)
- ¿Quién da más? (1971)
- Y ahora... Olga (1972)
- Se me olvidó otra vez (1976)
- Lo nuevo de Olga (1978)
- Para mi público (1982)
- Faltaba yo (2001)
Notas
editar- ↑ Falece aos 87 anos a cantante Olga Guillot Arquivado 15 de xullo de 2010 en Wayback Machine., nova en Xornal de Galicia, o 14 de xullo de 2010.