Olalla Rodil
Olalla Rodil Fernández, nada en Ribeira de Piquín o 21 de setembro de 1989,[1] é unha xornalista e política galega do Bloque Nacionalista Galego.
![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1989 ![]() Ribeira de Piquín, España ![]() |
Educación | campus de Pontevedra Facultade de Comunicación de Pontevedra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciada en Publicidade e Relacións Públicas no Campus Universitario de Pontevedra, pola Universidade de Vigo, ten un mestrado de Estudos Internacionais. Foi redactora de Sermos Galiza.[2] Milita en Galiza Nova. Foi cabeza de lista da provincia de Lugo polo BNG nas Eleccións xerais de España de 2016, nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016,[3] sendo elixida deputada do Parlamento de Galicia,[4] nas Eleccións xerais de España de novembro de 2019 e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Neses períodos, foi voceira suplente do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia e foi a vice-coordinadora de comunicación da executiva nacional do mesmo partido.[5].
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Lugo.[6]
Notas
editar- ↑ "BNG- Parlamento galego". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2018. Consultado o 7 de abril de 2017.
- ↑ "Olalla Rodil en Sermos Galiza". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2017. Consultado o 7 de abril de 2017.
- ↑ "O BNG aproba as súas candidaturas para as autonómicas". Praza Pública. 23 de xullo de 2016. Consultado o 7 de abril de 2017.
- ↑ "Parlamento de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2017. Consultado o 7 de abril de 2017.
- ↑ Galego, BNG-Bloque Nacionalista. "Executiva Nacional". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Consultado o 2021-05-24.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olalla Rodil |