Ohm
(Redirección desde «Ohmio»)
O ohm, de símbolo Ω, galeguizado ás veces como ohmio, é unha unidade de medida de resistencia eléctrica. Corresponde á resistencia eléctrica que presenta un condutor percorrido por unha corrente de 1 amperio baixo unha tensión de 1 volt.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/ad/U%2B2126.svg/150px-U%2B2126.svg.png)
O nome desta unidade é unha homenaxe a Georg Simon Ohm (1787-1854), que descubriu relacións matemáticas extremamente simples que comprenden as dimensións dos condutores, definindo o concepto de resistencia eléctrica e formulando a que pasou a ser chamada Lei de Ohm.