Oenanthe (planta)

xénero de plantas
Oenanthe (planta)

Oenanthe aquatica
Clasificación científica
Reino: Plantae

Clado: Traqueófitas
Clado: Anxiospermas
Clado: Eudicots
Clado: Astéridas

Orde: Apiales
Familia: Apiaceae
Subfamilia: Apioideae
Xénero: Oenanthe
L.
Sinonimia[1]
  • Dasyloma DC.
  • Globocarpus Caruel
  • Karsthia Raf.
  • Oenosciadium Pomel
  • Phellandrium L.
  • Stephanorossia Chiov.
  • Volkensiella H.Wolff
  • Cyssopetalum Turcz.

Oenanthe é un xénero de plantas da familia Apiaceae.[2] A maioría das especies crecen en terreo húmido, como marismas, pantanos ou na auga.

Contraste entre Oenanthe crocata, á dereita, e Conium maculatum, á esquerda

Varias das especies son extremadamente velenosas e o seu veleno activo é a oenantotoxina. A máis notable destas é o pé de boi ou nabo de San Pedro (O. crocata), que vive en terreos húmidos pantanosos e lembra ao apio con raíces similares a un feixe de grandes cenorias brancas. As follas pode comelas sen perigo o gando, pero os talos e especialmente as raíces ricas en carbohidratos son moito máis velenosas. Os animais que están habituados a comer as follas poden ás veces comer tamén as raíces cando estas quedan ao aire durante a limpeza de regos: unha raíz é velenosa dabondo como para mater unha vaca, e a mortalidade entre as persoas tamén se ten dado. Nalgúns países europeos é considerada a das planta máis velenosa da súa flora,[3] e é considerada especialmente perigosa debido á súa semellanza con varias plantas comestibles.[4]

A especie O. javanica (chamada no Xapón seri; non confundila coa mitsuba ou Cryptotaenia japonica) é comestible e cultívase en varios países do leste de Asia, e tamén en Italia e a India, onde o brote de primavera considérase unha verdura aprezada.

Taxonomía e nome

editar

O nome "Oenanthe" era usado en tempos antigos para referirse a diversas plantas, unha das cales foi descrita por Pedanius Dioscorides[5] como planta de "flores brancas... e moitas cabezas [inflorescencias] redondas." Isto foi [mal]interpretado polos herboristas medievais como Filipendula vulgaris ou unha umbelífera.[6] Linné formalizou o seu nome xenérico na obra Species Plantarum en 1753.[7]

Aínda que a palabra deriva en última instancia do grego antigo οίνος, 'viño', e άνθος, 'flor', isto non ten sentido cando se aplica a algunhas plantas para as que se utilizou, polo que parece un nome arbitrario para o xénero. Outras especulacións que fan referencia ao cheiro das flores[8] ou á intoxicación causada por estas plantas[9] están probablemente erradas.

Especies

editar

En 2020 en Plants of the World Online de Kew acepta 33 especies dentro do xénero Oenanthe:[1]

 
Oenanthe fistulosa.

Sorriso sardónico

editar

Os científicos da Università degli Studi del Piemonte Orientale "Amedeo Avogadro" identificaron que a planta Oenanthe crocata era causante do síntoma sorriso sardónico.[12][13] Esta planta é un posible candidato para ser a "herba sardónica", que era unha planta neurotóxica mencionada nas historias antigas. Foi utilizada a mantenta para a matanza ritual de persoas anciás e criminais na civilización nuráxica de Sardeña, os cales eran intoxicados con esta planta e despois esfragados desde unha rocha alta ou golpeados ata morreren.[9][14]

Rexistro fósil

editar

Atopáronse metades de froitas de Oenanthe aquatica fósiles do Mioceno superior de Bulgaria, o Plioceno de Turinxia e o Plioceno e Plistoceno de Polonia.[15]

Galería

editar
  1. 1,0 1,1 "Oenanthe L.". Plants of the World Online. Royal Botanic Gardens, Kew. Consultado o 21 August 2020. 
  2. Brouillet L, Desmet P, Coursol F, Meades SJ, Favreau M, Anions M, Bélisle P, Gendreau C, Shorthouse D, et al. (2010). "Oenanthe sarmentosa C. Presl ex de Candolle". Database of Vascular Plants of Canada (VASCAN). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  3. "Information Sheet: 31 Hemlock Water Dropwort (Oenanthe crocata)" (PDF). Centre for Ecology and Hydrology. 2005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de setembro de 2011. Oenanthe crocata [...] is the most toxic plant in Britain to both humans and animals. 
  4. Wright, John (2010). Hedgerow. Bloomsbury. p. 171. ISBN 978-1-4088-0185-7. 
  5. Dioscorides P. "De Materia Medica" (PDF). 
  6. Pavord, Anna (2005). The Naming of Names. Londres: Bloomsbury. ISBN 0-7475-7952-0. 
  7. "Oenanthe (Apiaceae) - Wikispecies". species.wikimedia.org (en inglés). Consultado o 2023-07-30. 
  8. Leighton, W.A. (1841). A Flora of Shropshire. Londres: John van Voorst. 
  9. 9,0 9,1 Appendino, Giovanni; Pollastro, Federica; Verotta, Luisella; Ballero, Mauro; Romano, Adriana; Wyrembek, Paulina; Szczuraszek, Katarzyna; Mozrzymas, Jerzy W.; Taglialatela-Scafati, Orazio (2009-05-22). "Polyacetylenes from Sardinian Oenanthe fistulosa: A Molecular Clue to risus sardonicus". Journal of Natural Products 72 (5): 962–965. ISSN 0163-3864. PMC 2685611. PMID 19245244. doi:10.1021/np8007717. 
  10. "Water Celery (Oenanthe javanica)". www.illinoiswildflowers.info. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  11. "Pacific Oenanthe, Oenanthe sarmentosa". calscape.org. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  12. News Scan Briefs: Killer Smile, Scientific American, agosto de 2009
  13. G. Appendino; F. Pollastro; L. Verotta; M. Ballero; A. Romano; P. Wyrembek; K. Szczuraszek; J. W. Mozrzymas; O. Taglialatela-Scafati (2009). "Polyacetylenes from Sardinian Oenanthe fistulosa: A Molecular Clue to risus sardonicus". Journal of Natural Products 72 (5): 962–965. PMC 2685611. PMID 19245244. doi:10.1021/np8007717. 
  14. Owen, James (2009-06-02). "Ancient Death-Smile Potion Decoded?". National Geographic News. Arquivado dende o orixinal o 2009-09-18. Consultado o 2009-10-18. 
  15. The Pliocene flora of Kholmech, south-eastern Belarus and its correlation with other Pliocene floras of Europe de Felix Yu. Velichkevich e Ewa Zastawniak - Acta Palaeobotanica 43(2): 137–259, 2003

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar