Óblast Autónomo Hebreo
O Óblast Autónomo Hebreo (ruso: Еврейская автономная область, yiddisch: ייִדישע אװטאָנאָמע געגנט, yidixe avtonome gegnt) é un suxeito federal de Rusia. Limita co krai de Khabarovsk ao norte, co óblast de Amur ao leste e con Heilongjiang (República Popular da China) ao sur. Ten unha área de 36.000 km² e unha poboación de 190.915 (censo ruso (2002)), dos cales tan só un 1,2% son xudeus, a poboación é principalmente rusa (case o 90%).
Еврейская автономная область (ru) יידישע אויטאנאמע געגנט (yi) ![]() | |||||
Epónimo | Pobo xudeu e oblast autónomo (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Rusia ![]() | ||||
Capital | Birobidjan (pt) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Birobidzhan Urban Okrug (en) ![]() Birobidzhansky District (en) ![]() Leninsky District (en) ![]() Obluchensky District (en) ![]() Oktyabrsky District (en) ![]() Smidovichsky District (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 145.802 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua rusa lingua yiddish ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 36.244 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 7 de maio de 1934 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Governor of the Jewish Autonomous Oblast (en) ![]() ![]() | Maria Kostyuk (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Legislative Assembly of the Jewish Autonomous Oblast (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 426 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | RU-YEV ![]() | ||||
Identificador OKTMO | 99000000 ![]() | ||||
Identificador OKATO | 99 ![]() | ||||
Sitio web | eao.ru ![]() | ||||
![]() |
A división administrativa xudía fundouse coa axuda do Komzet en 1928 como o Distrito Nacional Xudeu. Foi resultado da política das nacionalidades de Stalin, en que cada grupo nacional da Unión Soviética recibía un territorio con autonomía cultural no seo do socialismo. A idea era crear un novo Zión, onde a cultura proletaria xudía puidera desenvolverse co yiddish como a lingua que dese cobertura aos xudeus no canto do hebreo que promovía o sionismo en Palestina. O territorio próximo á fronteira con Manchuria, controlado polo Xapón, estaba practicamente deshabitado debido ás duras condicións xeográficas da rexión, a política de creación dun ente xudeu recibiu apoio internacional e chegaron á rexión tamén uns 1400 xudeus norteamericanos, arxentinos, palestinos e europeos. Despois das purgas dos xefes locais en 1936-1938 quedaban 20.000 xudeus no territorio. En 1946-1948 dáselle un novo pulo ao establecemento de xudeus na rexión que chegan ata 30.000. En 1961 era o 8,8% da poboación do distrito (14.269 xudeus) con apenas cargos xudeus de relevo, e contaban tan só cun xornal de dúas páxinas.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Óblast Autónomo Hebreo |
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |