O sol do verán
O sol do verán é unha novela en lingua galega do ourensán Carlos Casares Mouriño, conformada por nove capítulos e publicada por vez primeira pola Editorial Galaxia en 2002[3], algo máis dun mes despois do pasamento do escritor.
O sol do verán | |
---|---|
Albert Paris Gütersloh, 1918.[1] | |
Título orixinal | O sol do verán |
Autor/a | Carlos Casares (1941-2002) |
Ilustrador/a | non ten ilustracións |
Cuberta | Egon Schiele |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Colección | «Literaria» e «Biblioteca Carlos Casares» |
Xénero(s) | novela |
Editorial | Galaxia |
Data de pub. | 19 de abril de 2002 |
Páxinas | 244-248 segundo edicións [2] |
ISBN | ISBN 84-8288-514-6 |
Precedido por | A vida do padre Sarmiento |
Seguido por | (é o derradeiro editado en vida) |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarNo relato, ambientado en 1968, Carlos, o protagonista, que comparte nome, data de nacemento e ata a marca da motocicleta (Harley-Davidson) co autor do libro, suicídase pegándose un tiro na cabeza na bañeira. Helena (coprotagonista), amiga da infancia, rememora o tempo que pasaron xuntos nos veráns no Carpazal. A acción desenvólvese en Galicia (Beiro, Bóveda, Allariz, Ourense, Tarascón…)
Outros personaxes do texto son: Arturo, marido de Helena; Carmela e Indalecio, pais de Helena; Mercedes e Adolfo, tíos de Helena; Mariví, irmá de Helena; Amparo, noiva de Carlos; Leopoldo e Elisa, pais de Carlos; Anselmo, Delfina e Susa, criados, e Rafaela, avoa de Helena.
Na obra aparecen varias referencias culturais contemporáneas (José María Pemán, o xornal ABC, o profesor Aranguren, os monos de Gibraltar…)
“ | A verdade de ser e de sentir — Albert Camus (cita inicial). |
” |
Edicións
editarCasares entregoulle a Damián Villalaín,[4] subdirector da editorial, a versión definitiva da novela xustamente o día do seu falecemento.[5] O libro rematouse de imprentar nos talleres de Obradoiro Gráfico no Polígono Industrial do Rebullón, de Mos, o 19 de abril de 2002. Saíu á venda o Día Internacional do Libro e presentouse ao público o 8 de maio.[5]
En 2003 foi traducido ao castelán, publicado pola Editorial Alfaguara[6] e en 2004 editouse en castelán en braille, pola ONCE.[7]
Notas
editar- ↑ Schiele era un dos pintores favoritos de Casares.[1] Arquivado 17 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Coas súas obras ilustráronse as cubertas de varias edicións dos seus libros. Esta é a portada de O sol do verán.
- ↑ "Edición na colección «Biblioteca Carlos Casares» de Galaxia". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2016.
- ↑ "Imaxe da portada da 1ª ed. Na colección «Literaria»". Arquivado dende o orixinal o 17/08/2016. Consultado o 15/07/2016.
- ↑ Riveiro Coello, A. (2017). Carlos Casares. O neno que quería xogar co mundo. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-9757-313-9.
- ↑ 5,0 5,1 "A derradeira novela de Carlos Casares". La Voz de Galicia (en castelán). 8/5/2002. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2016. Consultado o 16/12/2016.
- ↑ Imaxe da portada da edición en castelán, de Alfaguara
- ↑ Biblioteca de Tradución Galega Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine. Universidade de Vigo.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: O sol do verán |
Bibliografía
editar- Tarrio Varela, A. (10/12/2002). "A obra narrativa de Carlos Casares" (PDF). Revista Galega do Ensino (38): 15–45.