O mexicano
O mexicano (en inglés: Once Upon a Time in Mexico; tamén coñecido como Desperado 2) é un filme estadounidense de western e acción escrito, producido, editado e dirixido por Robert Rodriguez que se estreou no ano 2003. É o terceiro e derradeiro filme da triloxía de Rodriguez Mexico Trilogy, e é unha secuela de O mariachi e Desperado. Está protagonizado por Antonio Banderas na súa segunda e final interpretación como El Mariachi. No filme, El Mariachi é recrutado polo axente da CIA Sheldon Sands (Johnny Depp) para que mate a Armando Barillo (Willem Dafoe), un señor da droga mexicano que artella un golpe de estado contra o presidente de México. Ó mesmo tempo, El Mariachi busca vingarse contra o xeneral corrupto responsable da morte da súa muller, Carolina (Salma Hayek).
O mexicano | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Once Upon a Time in Mexico |
Director | Robert Rodriguez |
Produtor |
|
Guión | Robert Rodriguez |
Intérpretes | |
Música | Robert Rodriguez |
Fotografía | Robert Rodriguez |
Montaxe | Robert Rodriguez |
Estudio | Troublemaker Studios |
Distribuidora |
|
Estrea | 12 de setembro de 1995 30 de agosto de 2007 (TVG) |
Duración | 101 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $29 000 000[2] |
Recadación | $98 100 000[2] |
Filme anterior | Desperado |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/once-upon-a-time-in-mexico | |
Foi o primeiro filme de Rodriguez cun grande orzamento para ser rodado en HD dixital. O mexicano recibiu críticas positivas pero foi criticado por reducir ó seu protagonista a unha personaxe secundaria na súa propia triloxía e por ter un argumento enguedellado.
Estreouse en galego o 30 de agosto de 2007 a través da TVG.[3]
Personaxes
editar- Antonio Banderas como El Mariachi
- Salma Hayek como Carolina
- Johnny Depp como Sheldon Jeffrey Sands
- Mickey Rourke como Billy Chambers
- Eva Mendes como Ajedrez Barillo
- Danny Trejo como Cucuy
- Enrique Iglesias como Lorenzo
- Marco Leonardi como Fideo
- Cheech Marin como Belini
- Rubén Blades como Jorge Ramírez
- Willem Dafoe como Armando Barillo
- Pedro Armendáriz, Jr. como Presidente
- Tony Valdes como rapaz da goma de mascar
- Gerardo Vigil como Xeneral Márquez
- Miguel Couturier como Dr. Guevera
- Julio Oscar Mechoso como Nicholas
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification, ed. (2 de setembro de 2003). "ONCE UPON A TIME IN MEXICO (15)". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 "Once Upon a Time in Mexico". Box Office Mojo. Consultado o 2013-08-22.
- ↑ La Voz de Galicia, 30 de agosto de 2007. Páx. 59
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- O mexicano na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)