O Gaiteiro de Lugo
O Gaiteiro de Lugo é un calendario agrícola de periodicidade anual que se publica na cidade de Lugo desde 1857, inda que primeiro recibiu o nome de Calendario de Galicia e máis adiante Calendario Gallego, non foi ata 1927 cando adoptou a actual cabeceira motivada polo gaiteiro (dous en anos bisestos) que adornaba a contraportada da publicación xa desde 1862.
O Gaiteiro de Lugo | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Lugar | Lugo |
Lingua | lingua galega |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFundouse grazas ao traballo do impresor e activista cultural Manuel Soto Freire e logo en 1889 pasou a mans de Gerardo Castro Montoya, continuando a súa publicación o seu fillo, de igual nome, que continuaron a numeración e estilo do anterior.
Os primeiros números era case exclusivamente en castelán agás as colaboracións literarias; progresivamente foi aumentando a presenza do galego na publicación e a partir de 1936 por iniciativa de Xosé Filgueira Valverde publicouse integramente en galego, mantendo o monolingüísmo durante todo do franquismo. En 1963 Gerardo Castro vendeu o calendario a La Región que o seguiu publicando ata 1973. En 1996 a Deputación de Lugo decidiu retomar a súa publicación. Publicación moi popular entre os labregos galegos durante o franquismo, chegou a vender 50.000 exemplares. Antonio Noriega Varela foi un colaborador habitual.
Predicións, brincadeiras, as lúas, as datas das feiras, consellos para o cultivo da vide, prognósticos do tempo, refráns, adiviñas ademais o habitual santoral e previsións meteorolóxicas acompañan a outros textos de maior entidade literaria destes almanaques agrícolas en galego que como O Mintireiro Verdadeiro permitiron o uso continuado do galego, mesmo nos anos máis difíciles do franquismo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Gaiteiro de Lugo, O". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Gaiteiro de Lugo, O". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.