Estadão

(Redirección desde «O Estado de S. Paulo»)

O Estado de S. Paulo, tamén coñecido como Estadão, é un xornal brasileiro publicado na cidade de São Paulo desde 1875. A carón de O Globo, Folha de S. Paulo, Valor Econômico, Zero Hora, Correio Braziliense e Estado de Minas, entre outros, forman o grupo dos principais xornais de referencia do Brasil.[1] [2]

Estadão
Fundación4 de xaneiro de 1875
Lingualingua portuguesa
ISSN1516-2931
Na rede
http://www.estadao.com.br
Facebook: estadao Twitter: estadao Instagram: estadao Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Foi fundado a partir dos ideais dun grupo de republicanos, o 4 de xaneiro de 1875. Daquela o xornal chamábase A Província de São Paulo e foi o pioneiro na venda individual no país, feito polo que foi ridiculizado pola competencia (Correio Paulistano, O Ipiranga e Diário de S. Paulo de 1865).

 
Homenaxe filatélica polo centenario do xornal.

A venda por xunto foi impulsada polo inmigrante francés Bernard Gregoire, que saíu á rúa montado a cabalo e tocando unha corneta para atraer a atención do público —e que, décadas máis tarde, se convertería no símbolo do propio xornal— aumentou a difusión do xornal. A finais do século XIX, Estado xa era o xornal máis grande de São Paulo, superando con moito ao Correio Paulistano.

Ao pouco de rematar a segunda guerra mundial, o Estado experimentou un enorme progreso, cun aumento da circulación e do seu prestixio nacional. A administración dos intervenientes demostrou ser economicamente eficiente e a revista gozaba dunha excelente situación económica.[3] O xornal era o cuarto en circulación no Brasil en 2015, cunha media diaria de 157.761 exemplares e o terceiro en versión dixital con 78.410 visitas,[4] e o segundo no Grande São Paulo, con media diaria de 159,9 mil exemplares en 2007. Sofre, porén, unha acelerada baixada do número de lectores, ao igual que outras grandes publicacións brasileiras.[5]

  1. "Jornais impressos: circulação despenca 16,1% em 2022" (en portugués). 2023-01-31. Consultado o 2024-08-21. 
  2. "Media and Communications: Brazil" (en inglês). 30 de novembro de 2006. Consultado o 23 de julho de 2010. 
  3. Mayrink, José Maria (2010). "Censura e democracia: o caso Estadão". Liberdade De Expressão, Direito à Informação Nas Sociedades Latino-americanas. São Paulo. pp. 116–123. ISBN 8585373946. 
  4. "Associação Nacional de Jornais, "Os maiores jornais do brasil de circulação paga, por ano"". Arquivado dende o orixinal o 2014-05-08. Consultado o 2014-11-11.  recuperado em 11 de novembro de 2014
  5. "Tiragem impressa dos maiores jornais perde 520 mil exemplares em 3 anos". 31 de janeiro de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar