O Barrio de Puga, Pradeda, Carballedo
O Barrio de Puga é un lugar da parroquia de Pradeda no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE a súa poboación no ano 2016 era de 7 persoas (5 mulleres e 2 homes), en 2018 eran 5 (3 mulleres e 2 homes).
O Barrio de Puga | |
---|---|
Traballos agrícolas no Barrio de Puga | |
Parroquia | Pradeda |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°33′14″N 7°48′23″O / 42.553836, -7.806275 |
Poboación | 5 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo de Barrio vén do latín tardío Barrium, á súa vez do árabe barri (exterior). Puga pode significar vástago de enxerto.[1].
Algúns microtopónimos da aldea[2] son O Agro de Pedras, A Cabada, A Calexa, O Carredal, O Carril, Cas Vicente, Cornelle, A Corredoira, A Costa da Ermida, A Felga, Gatón de Dentro, Gatón de Fóra, A Lama, As Lamas, A Leira da Deves, A Leira de Fondós, Os Montes do Coto. A Nabeira, A Nabeira da Cambota, O Prado da Carretera, Os Ramos, A Rigueira, Sabariz, A Serra Pequena, A Subodega de Dentro, A Subodega de Fóra e A Xesteira.
Patrimonio
editarNo Barrio de Puga e a carón da estrada N-540 está o Carballo Grande do Mestre, catalogado como unha das árbores senlleiras de Galicia.[3]
Notas
editar- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Microtoponima: Os Parentes". osparentes.eu. Arquivado dende o orixinal o 22/11/2018. Consultado o 16/08/2017.
- ↑ "Biodiversidade. Árbores senlleiras" (PDF). Consellería de Medio Ambiente, Territorio e vivenda. Consultado o 16/08/2017.
Lugares e parroquias
editarLugares de Pradeda
editarLugares da parroquia de Pradeda no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
O Barrio de Puga | A Estibada | Pradeda de Abaixo | Pradeda de Arriba | Quintá do Monte |