OK Computer
OK Computer é o terceiro álbum de Radiohead, grupo de rock alternativo británico, e está entre os álbums que se mantiveron constantemente nas listas de vendas. Gravouse en St Catherine's Court, a casa de Jane Seymour preto de Bath e foi mesturado en Abbey Road Studios. Saíu á venda o 16 de xuño de 1997 no Reino Unido e o 1 de xullo nos Estados Unidos. O álbum recibiu boas críticas e tivo un amplo éxito comercial, poñendo ao grupo británico na vangarda do rock moderno. Gañou un Grammy en 1998 na categoría do mellor álbum de música alternativa.
OK Computer | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Radiohead | ||||
Publicado | 16 de xuño de 1997 | |||
Gravación | xullo - decembro de 1996 | |||
Estudio(s) | Canned Applause | |||
Xénero(s) | rock alternativo, art rock | |||
Selo(s) | Parlophone, Capitol | |||
Produtor | Nigel Godrich e Radiohead | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
En novembro do 2003 a publicación Pitchfork Media elixiuno o mellor álbum da década na súa lista dos 100 mellores discos dos 90[1], e no mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o segundo mellor álbum dos anos 90[2]. Na enquisa "People's List", realizada entre os lectores de Pitchfork, OK Computer aparece no primeiro posto dos 200 mellores álbums editados entre 1996 e 2011[3].
Cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Radiohead (Colin Greenwood, Ed O'Brien, Jonny Greenwood, Philip Selway e Thom Yorke).
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Airbag" | 4:44 |
2. | "Paranoid Android" | 6:23 |
3. | "Subterranean Homesick Alien" | 4:27 |
4. | "Exit Music (For a Film)" | 4:24 |
5. | "Let Down" | 4:59 |
6. | "Karma Police" | 4:21 |
7. | "Fitter Happier" | 1:57 |
8. | "Electioneering" | 3:50 |
9. | "Climbing Up the Walls" | 4:45 |
10. | "No Surprises" | 3:48 |
11. | "Lucky" | 4:19 |
12. | "The Tourist" | 5:24 |
Notas
editar- ↑ "Pitchfork Media - Top 100 Albums of the 1990s". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2009. Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ 10 mellores álbums dos 90 segundo os lectores da Rolling Stone
- ↑ "People's List" de Pitchfork Media