Julio Ballesteros Curiel
Julio Ballesteros Curiel, que asinaba co pseudónimo O’Juliel Becuri, nado en Lugo o 22 de xullo de 1882 e finado en Cortegada o 25 de xaneiro de 1952, foi un militar, policía, mestre e escritor galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1882 ![]() Lugo, España ![]() |
Morte | 25 de xaneiro de 1952 ![]() Cortegada, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar, escritor ![]() |
Familia | |
Fillos | Emilio Ballesteros Castro ![]() |
Irmáns | Manuel Ballesteros Curiel ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Ramón Manuel María Ballesteros Gil. Sarxento do rexemento Zamora en Ferrol, examinouse na Escola Normal de Santiago de Compostela e obtivo o título de mestre de primeiro ensino en 1905. En 1915 era tenente de infantería, marchou a Ksar El Kebir en 1917, participou na guerra guerra do Rif obtendo varias medallas. Retirouse o 7 de febreiro de 1927 co grao de capitán. Integrouse no Corpo de Seguridade de Pontevedra como tenente-xefe, exercendo en Vigo. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse voluntario e incorporouse ao Rexemento de Infantería Zaragoza nº 30. Foi ferido por metralla en Lubrios del Naranco (Asturias) o 21 de febreiro de 1937. Foi condecorado con dúas cruces de guerra, tres cruces vermellas e a medalla da Campaña, e retirouse como comandante. Herdou do seu irmán Manuel a Casa de Sesto en Ribela.[1]
Foi autor de varios libros, e coa colaboración do seu irmán Manuel publicou Verbo de los arginas. Jerga-latín de los canteros, en 1930.[2] Colaborou en La Voz de Galicia, Vida Gallega, Diario de Galicia, El Diario de Pontevedra e El Eco Franciscano.
Obras (asinadas como O’Juliel Becuri)
editar- Triunfo de Marte. Fracaso de ensayos y proyectos que ya hubo de paz perpetua, 1918
- Filología y lingüística ibérica, 1919.
- Cervantes, rector de colegio, pedagogía del Quijote, 1919.
- Memorias de Maria Luisa. Como piensan las solteras desde los 14 hasta los 49 años, 1920.
- Verbo dos arginas. Jerga-latín de los canteros, con Manuel Ballesteros Curiel, 1930.[3]
- Naiciña aldea. Luceiro d'a parroquia, 1947.
Vida persoal
editarCasou en Cortegada con Celsa Ramona Castro Carpintero o 5 de decembro de 1927,[4] e foi pai de Julio, Jesús, María Inocencia, Emilio e Celsa Ballesteros Castro.
Notas
editar- ↑ A Casa de Sesto
- ↑ Galicia, 27-9-1932, p. 6.
- ↑ El verbo dos arginas
- ↑ El Progreso, 10-12-1927, p, 3.