Nouméa
Nouméa é a principal cidade e capital administrativa do territorio de ultramar francés de Nova Caledonia. Atópase nunha península no sur da illa principal de Nova Caledonia, Grande Terre, e é o fogar da maioría da poboación europea da illa, polinesios ( Wallisiáns, Futuniáns, tahitianos), indonesios, e vietnamitas, tamén de moitos melanesios, Ni-Vanuatu e Kanakas que traballan nunha das cidades máis industrializada do Pacífico Sur. A cidade atópase nun porto protexido de augas profundas que serve como porto principal para Nova Caledonia.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Territorio dependente | Nova Caledonia | |||
Provincia | Sud (pt) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 96.082 (2019) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 45,7 km² ![]() | |||
Altitude | 7 m-26 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcaldesa ![]() | Sonia Lagarde (2020–) ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 98800 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | noumea.nc ![]() | |||
![]() ![]() |
No censo de agosto de 2014, había 179.509 habitantes na área metropolitana da Gran Nouméa (francés: agglomération du Grand Nouméa), dos que 99.926 vivían na cidade ( comuna) de Nouméa propiamente.[1] O 66,8% da poboación de Nova Caledonia reside en Gran Nouméa, que abarca as comunas de Nouméa, Le Mont-Dore, Dumbéa e Païta.
Localización e características
editarA cidade está situada nunha península da parte suroccidental da illa de Nova Caledonia. Tamén é a maior cidade francófona de Oceanía. A poboación rolda os 100.00 habitantes que tornan uns 146.000 contando todo o contorno urbano. A cidade caracterízase pola súa multietnicidade, podendo encontrar diversas etnias: a metade dos habitantes é de orixe caldoque, pero tamén conta cunha forte proporción de orixe kanaka, asiáticos e polinesios.
Historia
editarO primeiro europeo en establecer un asentamento nas inmediacións foi o comerciante británico James Paddon en 1851. Ansioso de afirmar o control da illa, os franceses estableceron un asentamento nas proximidades tres anos despois en 1854, trasladándose desde Balade no norte da illa. Este asentamento chamouse inicialmente Port-de-France e pasou a chamarse Nouméa en 1866. A zona serviu primeiro como colonia penal, despois como centro para a exportación do níquel e ouro que extraíase nas proximidades.
Entre 1904 e 1940 Nouméa estivo ligada a Dumbéa e a Païta pola vía ferroviaria Nouméa-Païta, a única liña ferroviaria que existiu en Nova Caledonia.
Durante a segunda guerra mundial, Nouméa actuou como sede do exército dos Estados Unidos no Pacífico Sur. O complexo de cinco lados da sede militar dos Estados Unidos adoptouse despois da guerra como base dunha nova organización rexional de desenvolvemento intergubernamental: a Comisión do Pacífico Sur, máis tarde coñecida como Secretaría da Comunidade Pacífica, e máis tarde aínda como Comunidade do Pacífico.
A cidade mantén gran parte da mestura única de Nova Caledonia coa cultura francesa e antiga cultura melanesia. Aínda hoxe perdura a influencia militar de guerra dos Estados Unidos, tanto co calor que moitos neo-caledoneses senten cara aos Estados Unidos despois de experimentar a relativa amabilidade dos soldados americanos como cos nomes de varios dos barrios de Nouméa. Distritos como "Receiving" e "Robinson", ou mesmo "Motor Pool", golpean o oído angloparlarte, ata que o contexto histórico queda claro.
Demografía
editarA zona urbana da Gran Nouméa (francés: agglomération du Grand Nouméa ) tiña no censo de agosto de 2014 unha poboación total de 179.509 habitantes, 99.926 dos cales vivían na comuna de Nouméa propiamente.[1]
A área urbana de Gran Nouméa está composta por catro comunas:
- Nouméa (99.926 hab.)
- Dumbéa (31.812 hab.), ao noroeste de Nouméa
- Le Mont-Dore (27.155 hab.), ao nordés de Nouméa
- Païta (20.616 hab.), un arrabalde ao oeste de Dumbéa e o sitio do Aeroporto Internacional La Tontouta
Poboación histórica
editar1956 | 1963 | 1969 | 1976 | 1983 | 1989 | 1996 | 2009 | 2014 | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nouméa (comuna) | 22,235 | 34,990 | 41,853 | 56,078 | 60,112 | 65,110 | 76,293 | 97,579 | 99,926 | |||
Gran Nouméa | 25,204 | 39,996 | 50,488 | 74,335 | 85,098 | 97,581 | 118,823 | 163,723 | 179,509 | |||
Cifras oficiais dos censos de poboación.[1][2] |
Crecemento medio da poboación da área urbana do Gran Nouméa:
- 1956-1963: +2.310 persoas ao ano (+ 7,5% ao ano)
- 1963-1969: +1.791 persoas ao ano (+ 4,1% ao ano)
- 1969-1976: +3.349 persoas ao ano (+ 5,6% ao ano)
- 1976-1983: +1.543 persoas ao ano (+ 2,0% ao ano)
- 1983-1989: +2.091 persoas ao ano (+ 2,3% ao ano)
- 1989-1996: +3.020 persoas ao ano (+ 2,8% ao ano)
- 1996-2009: +3.382 persoas ao ano (+ 2,4% ao ano)
- 2009-2014: +3.106 persoas ao ano (+ 1,8% ao ano)
Migracións
editarOs lugares de nacemento dos 179.509 residentes na zona urbana da Gran Nouméa no censo de 2014 eran os seguintes: [3] O 66,7% naceu en Nova Caledonia
- 21,2% en Francia metropolitana e os seus departamentos de ultramar (fóra de Wallis e Futuna e da Polinesia Francesa)
- 6,3% en países estranxeiros (especialmente Indonesia, Vanuatu, Vietnam e Alxeria)
- 5,8% en Wallis e Futuna (esencialmente) e Polinesia Francesa (en menor medida)
Comunidades étnicas
editarAs comunidades étnicas autodeclaradas dos 179.509 residentes na área urbana da Gran Nouméa no censo de 2014 foron as seguintes: [3]
- 34´5% europeos
- 23´4% kanakas (orixinarios melanesios habitantes de Nova Caledonia)
- 11´5% Wallisiáns e Futuniáns
- 10´0% etnia mixta
- 20´5% outras comunidades (este grupo inclúe en particular aos brancos de Nova Caledonia que se negaron a autoidentificarse como "europeos")
Linguas
editarNo censo de 2009, o 98´7% da poboación na área urbana da Gran Nouméa cuxa idade era de 15 anos ou máis declararon que podían falar francés. O 97´1% declarou que tamén o podía leelo e escribilo. Só o 1´3% da poboación cuxa idade era de 15 anos ou máis non sabía o francés.[4]
No mesmo censo, o 20´8% da poboación na área urbana do Gran Nouméa cuxa idade era de 15 anos ou máis declarou que podía falar polo menos unha das linguas kanaka. O 4,3% declarou que podía entender unha lingua kanaka pero non falala. O 74´9% da poboación cuxa idade era de 15 anos ou máis non tiña coñecemento de ningunha lingua Kanaka.[5]
Cidades irmandadas
editar- Niza, Francia, desde1985
- Gold Coast, Queensland, Australia, desde 1992
- Taupo, desde 1995
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Recensement de la population 2014 - Populations légales 2014". ISEE. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 2014-11-16.
- ↑ "Population des communes de la Nouvelle-Calédonie de 1956 à 2009". ISEE. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 2013-10-14.
- ↑ 3,0 3,1 ISEE (ed.). "Recensement de la population de 2014 - Poboación, mengueiros e rexistros por comunidades de Nouvelle Calédonie". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ "P19 Population de 15 ans et plus, selon le sexe et la connaissance du français, par commune et province de résidence". ISEE. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 2013-10-14.
- ↑ "P21 Population de 15 ans et plus, selon le sexe et la connaissance d'une langue kanak, par commune et province de résidence". ISEE. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 2013-10-14.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nouméa |
Ligazóns externas
editar- Turismo de Nova Caledonia (Sur)
- (en francés) Páxina oficial
- (en francés) Nouméa: Commune Française du Bout du Monde – a school project on the geography and history of Nouméa