Northeast Florida
Florida do Nordés | |
| |
| |
Condados | |
Maiores cidades |
Jacksonville |
Northeast Florida é unha rexión direccional dos Estados Unidos en Florida, situada na costa atlántica de Florida do Norte. Florida do Nordés comprende aos cinco condados que rodean a cidade de Jacksonville: Duval, Baker, Clay, Nassau e Saint Johns (coincidente en gran parte coa Área Metropolitana de Jacksonville) e máis os condados de Putnam e Flagler. Florida do Nordés esténdese pola mesma área que a rexión vernácula de First Coast, aínda que esta non inclúe os condados de Putnam e Flagler.
Historia
editarHistoricamente tense a esta área como a primeira zona de Florida colonizada por europeos[1], feito do que se deriva a expresión e denominación First Coast. Juan Ponce de León debeu chegar a esta rexión durante a súa primeira expedición en 1513 e a primeira colonia francesa de Forte Caroline fundouse en 1563 no que hoxe por hoxe é Jacksonville. Ademais, dentro de Florida do Nordés inclúese Saint Augustine, a poboación máis antiga dos Estados Unidos no continente en manterse habitada de xeito continuo desde a súa fundación en 1565[2].
A rexión direccional de Northeast Florida refírese en gran parte á mesma área que First Coast. No estudo de 2007 de Lamme e Oldakowski subliñouse que Northeast Florida xurdiu como unha das seis rexións direccionais comúns, xunto a Florida do Norte, Florida Central, Florida do Sur, Florida do Norte Central e Florida do Suroeste[3]. As fontes suxiren que o termo foi empregado en principio polas partes máis ao nordés do estado, é dicir, os condados de Nassau e Duval[4].
Non obstante, a axencia de desenvolvemento económico do estado, chamada Enterprise Florida, identifica Northeast Florida como unha das oito rexións económicas usadas pola axencia e outras entidades estatais e extra-estatais. Esta denominación inclúe aos cinco condados da área metropolitana de Jacksonville (Duval, Baker, Clay, Nassau e Saint Johns), así como aos condados de Putnam e Flagler, que están máis ao sur[5]. Outras organizacións como o Departamento de Transportes de Florida, a JaxUSA Partnership (o departamento de desenvolvemento rexional de negocios da Cámara de Comercio de Jacksonville) e o Consello Rexional de Florida do Nordés tamén empregan esta denominación[6][7]. De xeito similar, en xuño de 2013 o Estado creou a Comisión de Transporte Rexional de Florida do Nordés, que engloba a todos eses condados[8].
En principio, o nome First Coast emprégase para usos turísticos e de promoción cultural (aínda que moitos floridanos tamén comezan a empregalo como unha denominación de orixe persoal), mentres que o nome Northeast Florida obedece a un criterio máis administrativo. Ademais, os condados de Flagler e Putnam quedan fóra do perímetro de First Coast, o que distingue os devanditos termos xeográficos un doutro. Non obstante, en 2013 o xornal The Florida Times-Union informou que First Coast ás veces se estende tan ao sur como Flager Beach, no Condado de Flagler e que, na mesma área, o condado de Saint John comezara a empregar para si mesmo o nome Historic Coast[9].
Notas
editar- ↑ (Lamme & Oldakowski 2007, p. 332–333)
- ↑ (Calnan & 6-11-2012)
- ↑ (Lamme & Oldakowski 2007, p. 229 e 334-335)
- ↑ (Lamme & Oldakowski 2007, p. 229)
- ↑ (Anthony J. Catanese Center 2006, p. 2)
- ↑ JAXUSA Partnership for Regional Economic Development, ed. (2010). "Northeast Florida". www.jaxusa.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17-05-2013. Consultado o 17-6-2013.
- ↑ Northeast Florida Regional Council, ed. (2013). "Regional Information". www.nefrc.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10-06-2015. Consultado o 17-6-2013.
- ↑ Hawkins, Carole (14-6-2013). "Gov. Scott signs two transportation bills into law". Jacksonville Business Journal (en inglés). Consultado o 14-6-2013.
- ↑ (Dixon & 28-7-2013)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Calnan, Christopher (6-11-2002). "The birth of the 'First Coast'". The Florida Times-Union (en inglés). Consultado o 4-1-2015.
- Dixon, Drew (28-7-2013). "Historic Coast latest in a growing number of Florida coastal monikers". The Florida Times-Union (en inglés). Consultado o 4-1-2015.
- Lamme, Ary J.; Oldakowski, Raymond K. (2007). University of North Carolina Press, ed. "Spinning a New Geography of Vernacular Regional Identity: Florida in the Twenty-First Century". Southeastern Geographer (en inglés) 47 (2). pp. 320–340. doi:10.1353/sgo.2007.0029.
- Anthony J. Catanese Center for Urban and Environmental Solutions at Florida Atlantic University (2006). Florida Atlantic University, ed. Charting the Course: Where is South Florida Heading? (PDF) (Informe) (en inglés). Archived from the original on 16-12-2011. Consultado o 3-4-2012.