Norberto Blanco
Luís Norberto Blanco, nado en 1954 e finado en Rosario o 21 de maio de 1969, foi un aprendiz de obreiro metalúrxico e estudante secundario arxentino asasinado durante o levantamento coñecido como o Rosariazo, realizado contra a ditadura militar dirixida polo xeneral Juan Carlos Onganía.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 ![]() |
Morte | 21 de maio de 1969 ![]() Rosario, Arxentina ![]() |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista ![]() |
Traxectoria
editarCircunstancias e impacto da súa morte
editarEn maio de 1969 o ambiente universitario achábase axitado a causa do asasinato do estudante Juan José Cabral o 15 de maio, durante unha protesta polos altos prezos do comedor estudantil en Corrientes.
O día 17 de maio, militantes do Centro de Estudantes da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Rosario (FUR) realizaron un acto espontáneo no comedor universitario situado na avenida Corrientes ao 700 que culminou co asasinato a eito do estudante Adolfo Bello.
A indignación da poboación foi xeral. O 20 de maio a Federación Universitaria de Rosario decretou unha folga estudantil e o mércores 21 de maio de 1969 realizouse unha Marcha de Silencio en homenaxe a Adolfo Bello, organizada pola FUR e a Confederación General del Trabajo (CGT).
A represión policial e militar da marcha levou a unha sublevación xeral coñecida como Rosariazo, durante a cal resultaría asasinado o adolescente Luís Norberto Blanco.
Blanco foi asasinado a poucos metros de LT8 por un balazo nas costas cando intentaba fuxir correndo da represión policial. O médico Aníbal Reinaldo intentou realizar os primeiros auxilios sobre Blanco, sufrindo ata os golpes de sabre da policía mentres intentaba salvarlle a vida. Pero Blanco morre nese lugar poucos minutos despois.[1]
Notas
editar- ↑ El rosariazo, Los '70, Revista Nº4 Arquivado 15 de decembro de 2007 en Wayback Machine..