Niso Rodríguez Hernández
Niso Rodríguez Hernández, nado en Melide no ano 1905 e finado na Coruña en 1965, foi un secretario xudicial, fotógrafo e pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 1965 ![]() Melide, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, fotógrafo, pintor ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Amador Rodríguez Rodríguez e Inés Hernández, da familia da casa de Traspedra, en San Cosme de Abeancos. Traballou como secretario xudicial en Canarias e Fene. Colaborador co grupo galeguista ORGA.
Niso foi un artista heráldico autor dos debuxos dos escudos no traballo de Antonio Taboada Roca para Terra de Melide do Seminario de Estudos Galegos (1933). En 1934 estaba colaborando no volume Terra do Deza, que quedou sen rematar por mor da guerra civil. Debuxou tamén o escudo a cor da casa familiar de Traspedra[1], coñecida como casa da Esquina do Cruce, logo de Ricardo Fernández.
Dono dunha cámara fotográfica, compuxo un arquivo fotográfico en Melide, pero botouse a perder por mor da humidade.
Vida persoal
editarCasou con Julia Díez Buendía e foron pais de Amador e Fernando Rodríguez Díez.
Recoñecementos
editarUnha rúa de Melide leva o seu nome.
Notas
editar- ↑ Broz Rei, Xosé Manuel (2023). "Niso Rodríguez Hernández". Boletín do Centro de Estudios Melidenses (Museo da Terra de Melide) (36): 92.