Nicholas Cummins
Nicholas Cummins, nado en 1808 e finado en 1885, foi un xuíz de paz irlandés que exerceu no condado de Cork.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1808 |
Morte | 1885 (76/77 anos) |
Familia | |
Cónxuxe | Charlotte Cummins (1872–valor descoñecido) Sarah Ann Swete (1836–valor descoñecido) |
Fillos | Elizabeth Jane Lennox Cummins () Emily Barnard () Sarah Ann Swete Nicholas Marshall Cummins () Sarah Ann Swete Elizabeth Warren Cummins () Sarah Ann Swete Arthur Patrick Cummins () Sarah Ann Swete |
Pais | Nicholas Marshall Cummins e Martha Swete |
Transcendencia durante a Gran Fame
editarCummins fíxose coñecido despois de enviar unha carta aberta[1] a Arthur Wellesley, o Duque de Wellington, que escribiu tras visitar a zona de Skibbereen. Na visita, un impresionado Cummins testemuña os efectos devastadores da Gran Fame irlandesa, que describe de forma extremadamente gráfica. O maxistrado tamén distribuíu devandita carta a diferentes xornais, chegando a publicarse no The Times na Noiteboa de 1846.[2] A misiva acadou repercusión pública mundial e provocou unha vaga de solidariedade sen precedentes coa sociedade irlandesa.A carta tamén se difundiu e publicou en xornais irlandeses, británicos e americanos, co fin de recadar fondos para paliar as consecuencias da Gran Fame. Como repercusión directa desta carta naceu en Londres a British Relief Association, o primeiro de xaneiro de 1847. Esta organización non relixiosa doou sumas de diñeiro a Irlanda e o sobriño do propio Cummins formou parte do comité director.
Notas
editar- ↑ "A Famous Letter Cork J.P Writes to the Duke of Wellington". Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ "Manager Terri’s painstaking research verified Cummins’ letter as original". Consultado o 5 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lyons, Francis Stewart Leland (1973): Ireland since the Famine. Fontana.