Ngozi Okonjo-Iweala
Ngozi Okonjo-Iweala, nada en Ogwashi-Uku o 13 de xuño de 1954, é unha economista e experta en desenvolvemento internacional nixeriana. O 15 de febreiro de 2021 foi nomeada Directora Xeral da Organización Mundial do Comercio asumindo as funcións o 1 de marzo de 2021, sendo a primeira muller que asume o posto.
É membro das xuntas directivas de Standard Chartered Bank, Twitter, a Alianza Global para Vacinas e Inmunización (GAVI) e African Risk Capacity (ARC).
En 2003 converteuse na primeira muller Ministra de Finanzas de Nixeria (2003-2006, 2011-2015) baixo a presidencia de Olusegun Obasanjo e da presidencia de Goodluck Jonathan.
Tamén foi Directora Xerente do Banco Mundial (2007-2011), unha organización na que traballou durante 25 anos.
Traxectoria
editarNaceu en Ogwashi-Ukwu, no estado do Delta de Nixeria, onde o seu pai, o profesor Chukwuka Okonjo, era o obi (rei) da Familia Real Obahai de Ogwashi-Ukwu,[1]
Okonjo-Iweala educouse en Queen's School de Enugu, no St. Anne's School, Molete en Ibadan e na International School Ibadan. Chegou a Estados Unidos en 1973, cando era adolescente, para estudar na Universidade Harvard, e graduouse magna cum laude cun AB en Economía en 1976.[2] En 1981 realizou o doutoramento en economía rexional e desenvolvemento económico no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts.[3][4] Foi ministra de Finanzas da República Federal de Nixeria entre xullo de 2003 e xullo de 2006 e desde xullo de 2011; ese ano encarou un ambicioso programa de reformas para conter o gasto público.[5] Tamén foi ministra de Relacións Exteriores en 2006. Durante o período 2007-2011 foi directora xerente do Banco Mundial. En 2012 considerouse a súa candidatura para presidir dita institución, e contaba co respaldo da Unión Africana[6] e eloxios de prestixiosas publicacións; no entanto, a súa postulación foi superada pola de Jim Yong Kim.[7][8]
En febreiro de 2021 a administración Biden anunciou o seu apoio para que Ngozi Okonjo-Iweala asumise o posto de directora xeral da Organización Mundial do Comercio (OMC). O 15 de febreiro confirmouse o seu nomeamento para substituír o brasileiro Roberto Azevedo. A decisión tomouse por consenso dos 164 membros.[9] O 1 de marzo de 2021 converteuse na primeira muller e a primeira persoa africana á fronte da OMC, trala renuncia da súa rival, a ministra surcoreana de Comercio Yoo Myung-hee, quen contaba co apoio da administración de Trump.[4][10] O seu mandato expirará o 31 de agosto de 2025 e é renovable.[11]
Notas
editar- ↑ "Reminiscences with Prof Okonjo" (en inglés). Consultado o 2021-02-06.
- ↑ "Ngozi Okonjo-Iweala, former finance minister of Nigeria and former managing director of the World Bank, will deliver the 2020 Graduation Address" (en inglés). Consultado o 2021-02-06.
- ↑ Okonjo-Iweala, Ngozi (1981). Credit policy, rural financial markets, and Nigeria's agricultural development (Thesis). Massachusetts Institute of Technology. hdl:1721.1/46400. OCLC 08096642.
- ↑ 4,0 4,1 González, Alicia (2021-02-15). "Okonjo-Iweala, la economista acostumbrada a hacer historia, toma el mando del comercio mundial" (en castelán). Consultado o 2021-02-15.
- ↑ "Hats off to Ngozi". The Economist. 30 de marzo de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2012.
- ↑ "La UA respalda a Ngozi". Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2012.
- ↑ McGroarty, Patrick (22 de marzo de 2012). "Nigerian Receives Backing for World Bank". The Wall Street Journal (Dow Jones). Consultado o 22 de marzo de 2012.
- ↑ Nominaciones para presidir el BM
- ↑ "La nigeriana Ngozi Okonjo-Iweala, primera mujer que dirigirá la Organización Mundial del Comercio" (en castelán). 2021-02-15. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "EEUU apoya candidatura de nigeriana Ngozi Okonjo-Iweala al frente de la OMC". 2021-02-05. Consultado o 2021-02-06.
- ↑ "La Nigériane Ngozi Okonjo-Iweala nommée directrice générale de l’Organisation mondiale du commerce". Le Monde.fr (en francés). 2021-02-15. Consultado o 2021-02-16.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ngozi Okonjo-Iweala |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web de Ngozi Okonjo-IwealaArquivado 01 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- Video of Ngozi Okonjo-Iweala at the TED Conference
- Time Europe's Heroes of 2004
- 'I keep my ego in my handbag', entrevista en The Guardian, agosto de 2005
- 'Okonjo-Iweala is second highest paid official– World Bank'
- '2011 budget not good for development – Okonjo-Iweala'
- Biografía por CIDOB (en español)