News and Tributes

News and Tributes é o segundo álbum da banda inglesa de post-punk revival The Futureheads, editado o 29 de maio do 2006. O seu primeiro sinxelo, "Skip to the End", publicouse o 15 de maio. O álbum, ao igual que o da súa estrea, recibiu boas críticas, e destacaban a madurez do son da banda. Porén, ao contrario do seu anterior traballo, News and Tributes non tivo boas vendas, o que fixo que o grupe fose botado do seu selo, 679 Recordings.

News and Tributes
Álbum de The Futureheads
Publicado13 de xuño de 2006
Gravación2005
Xénero(s)post-punk revival
Selo(s)679 Recordings (RU)
Vagrant Records/StarTime International (EEUU)
ProdutorBen Hillier
Cronoloxía
Area EP News and Tributes This Is Not The World
Na rede
Spotify: 4MrPAO8wgg0GJylwwvwvQz Discogs: 72715 Allmusic: mw0000524695 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Con este álbum The Futureheads foron comparados con Blur, particularmente co seu disco Modern Life Is Rubbish. Foi producido por Ben Hillier, que tamén traballou con Blur e Depeche Mode. O tema "News and Tributes" está adicado ás vítimas do accidente de Múnic, un accidente de avión en 1958 onde morreron varios xogadores do United players.

A edición estadounidense do álbum contén as catro cancións que aparecen no EP Area, "Area", "Help Us Out", "We Cannot Lose" e a remestura de Shy Child do tema "Decent Days And Nights".

Listaxe de cancións

editar
  1. "Yes/No" – 3:00
  2. "Cope" – 2:51
  3. "Fallout" – 2:59
  4. "Skip to the End" – 2:54
  5. "Burnt" – 3:41
  6. "News and Tributes" – 3:49
  7. "The Return of the Berserker" – 2:36
  8. "Back to the Sea" – 3:24
  9. "Worry About It Later" – 3:38
  10. "Favours for Favours" – 2:52
  11. "Thursday" – 3:46
  12. "Face" – 3:31

Cancións extra na edición estadounidense

editar
  1. "Area" - 2:46
  2. "Help Us Out" - 2:21
  3. "We Cannot Lose" - 2:31
  4. "Decent Days and Nights (remestura de Shy Child)" - 4:35