Nemiptéridos
Os Nemiptéridos (Nemipteridae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por augas tropicais e subtropicais do Índico e oeste do Pacífico. O nome procede do grego nemas (filamento) e pteron (ala), polo característico filamento na súa aleta caudal.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/0a/Nebat_u0.gif/300px-Nebat_u0.gif)
Características
editarCorpo oblongo ou alargado. Liña lateral longa e paralela ó perfil dorsal. Un suco na base das aletas dorsal e anal.
Teñen unha aleta dorsal continua, con 10 espiñas e 9-10 radios brandos; na anal 3 espinas e 7 a 8 radios brandos; pelvianas ó nivel das pectorais; na parte superior da aleta cuadal dalgunhas especies hai longo filamento.
Son peixes carnívoros que se alimentan de pequenos peixes bentónicos, cefalópodos, crustáceos e poliquetos, aínda que algunhas especies se alimentan de plancto. Algunhas especies son hermafroditas protoginos.
Clasificación
editarComprende 62 especies agrupadas en cinco xéneros:
- Xénero Nemipterus (Swainson, 1839)
- Xénero Parascolopsis (Boulenger, 1901)
- Xénero Pentapodus (Quoy e Gaimard, 1824)
- Xénero Scaevius (Whitley, 1947 )
- Xénero Scolopsis (Cuvier, 1814)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Nemiptéridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nemiptéridos |