Nedo Nadi

esgrimista italiano

Nedo Nadi, nado o 9 de xuño de 1894 en Livorno e finado en Roma o 29 de xaneiro de 1940, foi un tirador de esgrima e mestre de armas italiano, gañador de seis medallas olímpicas de ouro, e o único tirador que logrou levar o ouro en cada unha das tres armas nun mesmos Xogos Olímpicos e o segundo atleta, tras Mark Spitz, en gañar máis medallas de ouro nunha soa olimpiada.

Modelo:BiografíaNedo Nadi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1894 Editar o valor en Wikidata
Livorno, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1940 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Portofino, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista, militar, soldado Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1920fencing at the 1920 Summer Olympics – men's team sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1920fencing at the 1920 Summer Olympics – men's team épée (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1920fencing at the 1920 Summer Olympics – men's sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1920fencing at the 1920 Summer Olympics – men's team foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1920fencing at the 1920 Summer Olympics – men's foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1912fencing at the 1912 Summer Olympics – men's foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAldo Nadi Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: nedo-nadi WikiTree: Nadi-2 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Nedo Nadi era fillo do famoso mestre de armas Beppe Nadi, quen se encargou de adestralo canda o seu irmán máis novo Aldo desde moi cativo. Aos catorce anos gañou un trofeo de prata nas tres armas durante o Torneo do Emperado, celebrado con motivo do xubileu do emperador Francisco Xosé en Viena.

Xogos Olímpicos de 1912

editar

Competiu polo seu país nos 1912 Xogos Olímpicos de 1912 celebrados en Estocolmo e alí se converteu no tirador máis novo en gañar unha medalla de ouro en florete individual con 18 anos e 29 días, ao vencer ao seu compatriota Pietro Speciale e ao austríaco Richard Verderber.

Primeira guerra mundial

editar

Nadi serviu no Exército italiano durante a primeira guerra mundial sendo condecorado pola súa coraxe.

Xogos Olímpicos de 1920

editar

Nadi volveu á alta competición tras o remate da guerra, nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres foi o portabandeira da delegación italiana e capitán do equipo de esgrima, as súas participacións foron aclamadas como case perfectas e foi un dos protagonista dos xogos xunto ao finlandés Paavo Nurmi, gañou as medallas de ouro en sabre e florete individual e sabre, florete e espada por equipos. Non puido competir en espada individual por mor de problemas intestinais que fixeron que abandonara a competición.

Últimos anos

editar

Tras os xogos de 1930 converteuse en profesional, e adestrou ao Buenos Aires Jockey Club da Arxentina durante algúns anos, volvendo en 1923 a Roma, gañou o Campionato do Mundo para profesionais de 1930 celebrado en Anveres. Foi comisario técnico do equipo italiano de esgrima nos Xogos Olímpicos de 1932 publicou Con la maschera e senza en 1933 e durante 1934 dirixiu unha sala de armas en París, asumiu o posto de presidente da Federación Italiana de Esgrima desde 1935 ata a súa morte.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar