Nâzım Hikmet

poeta turco
(Redirección desde «Nazım Hikmet»)

Nazım Hikmet Ran, nado en Salónica (Imperio Otomán) o 20 de novembro de 1901 e finado en Moscova o 3 de xuño de 1963, foi un poeta e dramaturgo turco, considerado en Occidente o poeta máis importante en lingua turca do século XX.

Modelo:BiografíaNâzım Hikmet

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(tr) Nâzım Hikmet Ran Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1902 Editar o valor en Wikidata
Tesalónica (Imperio Otomán) Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTurkish Naval High School (en) Traducir (1915–1920)
Liceu de Galatasaray (pt) Traducir
Universidade Estatal de Moscova
Universidade Comunista dos Trabalhadores do Oriente (pt) Traducir
Turkish Naval Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo, prosista, guionista de cinema, guionista, poeta, escritor, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioOrhan Selim Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeMünevver Andaç Editar o valor en Wikidata
NaiCelile Hanım Editar o valor en Wikidata
ParentesOktay Rıfat Horozcu, curmán Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMoskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
Sitio webnazimhikmet.org.tr Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0383740 Facebook: nzm.hkmt BNE: XX970824 Musicbrainz: 1c86b364-6e85-460b-b71e-ee18b3febce0 Discogs: 646845 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu na cidade de Salónica (actualmente Tesalónica, en Grecia) que na época do seu nacemento formaba parte do Imperio Otomán. Aínda que en realidade naceu dous meses antes, foi rexistrado o 15 de xaneiro de 1902, e esta foi considerada a data oficial. O seu pai, Nazım Hikmet Bey, era un alto funcionario imperial, e a súa nai, Ayşe Dshalila, unha destacada pintora. Estudou no instituto francés Galatasaray de Istambul, e despois na escola naval de Turquía, aínda que non chegou a embarcarse por problemas de saúde. Durante a guerra de independencia, uniuse a Atatürk en Anatolia e exerceu de mestre en Bolu. En 1921, impresionado pola revolución rusa, viaxou á Unión Soviética. Estudou socioloxía e ciencias económicas na Universidade de Moscova e ingresou no Partido Comunista Turco.

En decembro de 1924 regresou a Istambul e incorporouse á redacción do diario Aydınlık (Claridade), órgano do Partido Comunista, que foi clausurado polas autoridades en febreiro de 1925, coincidindo coas medidas excepcionais que o Goberno adoptou tomando como pretexto un alzamento kurdo. Os colaboradores de Aydınlık foron detidos e procesados. Nazım Hikmet logrou evitar ser arrestado fuxindo a Esmirna e pasando á clandestinidade. Xulgado en rebeldía, foi condenado a 15 anos de cadea, polo que, en setembro de 1925, volveu fuxir á Unión Soviética. Alí participou na creación dun teatro-estudio (METLA), que desapareceu en marzo de 1927.

Regresou a Turquía en 1928, sen pasaporte, e, logo de pasar seis meses en prisión, dedicouse a escribir para o diario Akşam poemas, novelas, relatos, artigos, ensaios e teatro. En 1929 publicou os seus libros de poemas 835 liñas, A Gioconda e Si-Ya-U. Nesta época formou parte tamén do comité de redacción da revista vangardista Resimli Ay (Mensual Ilustrado), que causou conmoción en medios intelectuais. Nesta época coñeceu á súa futura primeira esposa, Pirayé.

En 1930 publicou dous novos poemarios, Varan 3 (E van 3) e 1+1=2, o segundo en colaboración con Nail V. (Nail Çakirhan); en 1931, A cidade que perdeu a voz, ilustrada por Abidin Dino; e, en 1932, a antoloxía de poemas Telegrama nocturno, e ¿Por que se suicidou Benerci?. Tamén escribiu obras teatrais: Kafatası (O cranio) e A casa dun morto, estreadas ambas en Istambul en 1932.

En 1933 foi detido e encarcerado, acusado de asociación ilegal e de pretender implantar o réxime soviético, aínda que en 1935 beneficiouse dunha amnistía xeral. O saír da cadea casou con Pirayé. Nos anos trinta publica dúas das súas obras máis importantes: os poemas narrativos A epopea do xeque Bedreddin (Şeyh Bedrettin Destanı, 1936), na que glosa a figura dun líder relixioso revolucionario do século XIV; e Cartas a Taranta Babd (Taranta Babu'ya Mektuplar, 1935), sobre a invasión de Etiopía polas tropas de Mussolini.

En 1938 foi condenado a 28 anos e 4 meses de prisión por sedición. Pasou doce anos na cadea. Na prisión de Bursa coñeceu aos mozos Orhan Kemal, futuro grande escritor, e Ibrahim Balaban, que alcanzaría o éxito coa súa obra pictórica. Durante a súa permanencia en prisión casou con Münevver Andaç (foi o seu segundo matrimonio). Na cadea escribiu os seus Poemas das 22-23 horas, e a súa obra máis ambiciosa, Paisaxes humanos do meu país, na que se propuña retratar ao seu pobo en diferentes momentos históricos.

Grazas a unha importante campaña internacional para pedir a súa liberación, foi amnistiado en 1951. Ese mesmo ano abandona Turquía para sempre. Despoxado da nacionalidade turca, a súa vida rematou no exilio como cidadán polaco. Morreu dun ataque ao corazón en Moscova en 1963.

Poesía

editar

Hıkmet abandonou as formas métricas tradicionais da poesía turca en busca de novas formas de expresión. Esta busca formal alcanzou o seu momento culminante durante os seus primeiros anos na Unión Soviética, entre 1922 e 1925. Nesta época comezou a utilizar o verso libre. A súa obra está moi influenciada pola poesía de Maiakovski e dos futuristas rusos.

A obra de Hıkmet caracterízase polo compromiso político. Un dos seus poemas, traducido ao inglés como "I Come and Stand at Every Door", musicalizado por varios cantautores norteamericanos (entre eles Pete Seeger e os Byrds, en cuxo disco Fifth Dimension figura a canción), da a palabra a un neno de sete anos falecido en Hiroshima, e é unha das máis duras alegacións contra a guerra nunca escritas.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar