Narcissus pseudonarcissus
Narcissus pseudonarcissus é unha especie botánica da familia das Amarilidáceas.
Narcissus pseudonarcissus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
![]() Distribución na península ibérica.
|
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/f/fd/Narcissus_pseudo-narcissus_%E2%80%94_Flora_Batava_%E2%80%94_Volume_v4.jpg/220px-Narcissus_pseudo-narcissus_%E2%80%94_Flora_Batava_%E2%80%94_Volume_v4.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/6/68/20130402Narcissus_pseudonarcissus3.jpg/220px-20130402Narcissus_pseudonarcissus3.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/0f/Narcissus_pseudonarcissus_MHNT.BOT.2009.13.31.jpg/220px-Narcissus_pseudonarcissus_MHNT.BOT.2009.13.31.jpg)
Descrición
editarÉ unha planta perenne e bulbosa, co bulbo globular de cor branca no seu interior e negruzca na súa cuberta. As follas radicais e lineais de cor verde escura de 35 cm de lonxitude. A inflorescencia máis alta que as follas, é erecta e ten no seu extremo unha fragante flor de cor amarela dourada, acanalada e composta por seis segmentos agudos, O froito é unha cápsula.
Hábitat
editarÉ unha planta nativa de Europa central e setentrional e medra nos bosques húmidos. Na Península Ibérica esténdense polos Pireneos e o Cantábrico.
Propiedades
editarContén narcitina ou narcisina que ten propiedades eméticas. Recomendouse para casos de epilepsia e afeccións de tipo espástico. Observouse unha actividade favorable no tratamento de tumores e na leucemia.
As doses excesivas desta planta provoca o vómito e son laxantes.[1]
Taxonomía
editarNarcissus pseudonarcissus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 289. 1753.[2]
Narcissus, nome xenérico que fai referencia ao mozo narcisista da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos), fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope, que se distinguía pola súa beleza.
O nome deriva da palabra grega: ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da palabra persa نرگس e que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).
pseudonarcissus: epíteto latino que significa "falso narciso".[3]
- Ajax pseudonarcissus (L.) Haw., Monogr. Narciss.: 2 (1831).
- Narcissus albescens Pugsley
- Narcissus alpestris Pugsley
- Narcissus confusus Pugsley
- Narcissus hispanicus Gouan
- Narcissus leonensis Pugsley
- Narcissus macrolobus (Jord.) Pugsley
- Narcissus major Curtis
- Narcissus moschatus L.
- Narcissus nevadensis Pugsley
- Narcissus nobilis (Haw.) Schult. & Schult.f.
- Narcissus pallidiflorus Pugsley
- Narcissus portensis Pugsley
- Narcissus tortuosus Haw.
- Subespecies
- Narcissus pseudonarcissus subsp. bicolor (L.) Baker, Handb. Amaryll.: 4 (1888).
- Narcissus pseudonarcissus subsp. calcicarpetanus (Fern.Casas) Fern.Casas, Fontqueria 4: 27 (1983)
- Narcissus pseudonarcissus subsp. leonensis (Pugsley) Fern.Casas & Laínz, Fontqueria 6: 50 (1984).
- Narcissus pseudonarcissus subsp. minor (L.) Baker, Handb. Amaryll.: 4 (1888).
- Narcissus pseudonarcissus subsp. moschatus (L.) Baker, Handb. Amaryll.: 4 (1888).
- Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis (Haw.) A.Fern., Bol. Soc. Brot., II, 25: 182 (1951).
- Narcissus pseudonarcissus subsp. pallidiflorus (Pugsley) A.Fern., Bol. Soc. Brot., II, 25: 182 (1951).
- Narcissus pseudonarcissus subsp. pseudonarcissus.
- Narcissus pseudonarcissus subsp. pugsleyanus Barra & G.López, Anais Jard. Bot. Madrid 39: 298 (1982 publ. 1983).[4]
Notas
editar- ↑ Dr. Berdonces i Serra en Gran Enciclopedia de las Plantas Medicinales. ISBN 84 305 8496-X
- ↑ "Narcissus pseudonarcissus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de abril de 2013.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Variedades en KWE
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Narcissus pseudonarcissus |