Giovanni "Nanni" Moretti, nado en Brunico o 19 de agosto de 1953, é un director de cine, produtor e actor italiano. A súa obra caracterízase por unha visión en clave irónica e sarcástica de lugares comúns e da problemática actual do mundo xuvenil, trala que se dexerga unha crítica máis substancial da sociedade italiana e dos seus costumes.

Modelo:BiografíaNanni Moretti

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giovanni Moretti Editar o valor en Wikidata
19 de agosto de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Bruneck, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Robert De NiroSteven Spielberg → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Italia Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, xogador de wáter-polo, actor de cinema, produtor de cinema, montador, actor, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata -
Deportewáter-polo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSilvia Nono Editar o valor en Wikidata
FillosPietro Moretti Editar o valor en Wikidata
PaisLuigi Moretti Editar o valor en Wikidata  e Agata Apicella Moretti Editar o valor en Wikidata
IrmánsFranco Moretti Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0604335 Allocine: 4569 Rottentomatoes: celebrity/nanni_moretti Allmovie: p103468 TCM: 550461 Metacritic: person/nanni-moretti BNE: XX1167719 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado en Brunico, na provincia italiana de Bolzano, onde os seus pais estaban as vacacións. Pasa a súa infancia en Roma. Na adolescencia descobre as súas dúas grandes paixóns: o cine e mailo wáter-polo. En 1973 roda as súas dúas primeiras curtametraxes: La sconfitta (A derrota), na que conta en clave de humor a crise dun ex-militante dos movementos do 68, e Pâté de bourgeois (xogo de palabras entre paté de foie-gras e épater les bourgeois).

Dirixe, e convertese tamén no intérprete dos papeis masculinos que escribe. Xa nestas primeiras curtas se advirte a súa mestura de reflexións íntimas con interrogacións políticas.

En 1974 dirixe a mediametraxe Come parli frate?, parodia de I promessi sposi (Os noivos) de Alessandro Manzoni, na que interpreta o personaxe de Don Rodrigo.

En 1976 fai Io sono un autarchico (Son un autárquico), primeira longametraxe de Moretti, na que interpreta por vez primeira a personaxe de Michele Apicella (apelido da súa nai) que aparecerá noutras catro películas. En 1977 os irmáns Taviani ofrécenlle un papel na súa destacada Padre padrone. En 1978, dirixe Ecce bombo que conta a difícil relación dun estudante co seu contorno. Esta película foi a primeira que rodou con medios profesionais, conseguindo un inesperado éxito de público e económico, que fai á crítica reparar nel. Este filme foi presentado á sección oficial do festival de Cannes.

En 1981, a súa película Sogni d'oro obtén ex aequo o Gran Premio do Xurado (León de Prata) na Mostra de Venecia. En 1983, dirixe Bianca, onde interpreta a un profesor namorado de Laura Morante, unha das súas actrices fetiche. En 1986, atopámolo no papel de cura en La messa è finita, película coa que acadou o Gran Premio do Xurado (Oso de Prata) da Berlinale. En 1989 dirixe o filme Palombella rossa no que encarna a un militante comunista que padece amnesia.

Grazas á produtora Sacher Film que funda en 1986, produce as obras de novos cineastas coma Calopresti con La seconda volta e Luchetti con Il portaborse, películas nas que traballa como actor.

En 1994, obtén o Premio ao mellor director do Festival de Cannes pola súa película Caro diario (Querido diario), película constituída por tres episodios de carácter autobiográfico, enfocados con estilo documental, nos que Moretti se interpreta a si mesmo.

A partir deste momento acentuase a implicación política de Moretti, coincidindo co paso do magnate Silvio Berlusconi á política. Coordina e produce L'unico paese al mondo, película en nove episodios (do que dirixe ademais o derradeiro) que presenta unha visión pesimista das eventuais consecuencias da vitoria da coalición de centro-dereita encabezada por Berlusconi.

En 1998, con Aprile (Abril), fainos parte do seu xúbilo de ser pai así como da súa felicidade ante a vitoria electoral da coalición de centro-esquerda liderada por Romano Prodi.

No 2001 obtén a Palma de Ouro en Cannes por La stanza del figlio (A habitación do fillo), película que narra as consecuencias sobre unha familia da perda accidental do seu fillo adolescente.

No 2002 convertese nun dos portavoces da posición crítica contra os políticos tanto de centro-dereita (no poder) como de centro-esquerda (na oposición) e será un dos promotores dos movementos de protesta coñecidos como girotondi.

No 2003 presenta a curta Il grido d'angoscia dell'uccello predatore — Tagli d'aprile (O berro de angustia da ave depredadora — Recortes de abril), realizado a partir de fragmentos de Aprile.

No 2006 volve á longametraxe rodando Il caimano (O caimán), inspirado na figura de Silvio Berlusconi. O filme foi presentado en plena campaña electoral, días antes das eleccións que Berlusconi perdeu.

En febreiro de 2007 sepárase do socio Angelo Barbagallo con quen fundara a produtora Sacher Film.

Filmografía

editar

Director, actor e produtor

editar

Curtametraxes

editar

Mediametraxes

editar

Longametraxes

editar

Actor e produtor

editar

Ademais de nas películas dirixidas e producidas por el, Nanni Moretti interpretou papeis nos seguintes filmes:

Produtor

editar

Nanni Moretti tamén produciu:

Premios

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar