Nacho Vidal
Ignacio Jordà González, máis coñecido como Nacho Vidal, nado en Mataró o 30 de decembro de 1973 en Barcelona, é un actor porno español.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ignacio Jordà González ![]() 30 de decembro de 1973 ![]() Mataró, España ![]() |
Outros nomes | Nacho Vidal ![]() |
Residencia | Enguera ![]() |
Altura | 1,84 m ![]() |
Peso | 85 kg ![]() |
Cor dos ollos | Azul ![]() |
Cor do pelo | Cabelo castaño ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cabaleiro lexionario, actor de cinema, modelo, actor de televisión, actor pornográfico, director de cinema pornográfico, director de cinema ![]() |
Período de actividade | 1997 ![]() |
Deporte | boxeo ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Franceska Jaimes (2005–2015) ![]() |
Parella | Belladonna (2001–2002) Sara Bernat ![]() |
Premios | |
Sitio web | nachovidal.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarInfancia
editarSendo neno a súa familia trasladouse a vivir a Enguera na provincia de Valencia, localidade onde viviu a súa infancia e de onde é a súa familia paterna, propietarios entón dunha importante empresa téxtil. Nacho sempre manifestou sentirse de Enguera, onde reside na actualidade.
Inicio no porno
editarAlistouse na Lexión en Melilla para máis adiante iniciarse na pornografía aos 21 anos na sala Bagdad de Barcelona, onde acudía a realizar espectáculos pornográficos coa súa noiva[Cómpre referencia]. Alí coñeceu o director do Festival de Cine Erótico de Barcelona, José María Ponce, quen o introduciu no mundo da cinematografía pornográfica.
Pasou máis tarde a ser discípulo de Rocco Siffredi, quen o levou a Hollywood en 1998[Cómpre referencia]. Na súa carreira protagonizou unhas 1.500 películas, ademais de traballar como produtor e director de moitos outros filmes. En 2004 estaba considerado como o actor de cine pornográfico máis importante do momento[Cómpre referencia].
Retirada temporal
editarO 31 de maio de 2005 asegurou que se retiraba do cine porno tras anunciar o seu compromiso matrimonial coa modelo colombiana Franceska Jaime, aínda que tras a ruptura con esta volveu protagonizar diversas películas.
Colaboración coa mafia chinesa
editarO 16 de outubro de 2012 foi detido na Operación Emperador contra as mafias asiáticas en España. A policía pensaba que podería terse branqueado diñeiro a través da súa produtora.[1] Despois de prestar declaración ante o xuíz, o 18 de outubro de 2012 foi posto en liberdade sen fianza aínda que se lle imputou un presunto delito de branqueo de diñeiro.[2]
Notas
editar- ↑ Operación contra la mafia china. Nacho Vidal, detenido por presunto blanqueo a través de su productora. Europa Press. 16 outubro de 2012 (en castelán)
- ↑ El concejal del PSOE detenido en la 'operación Emperador', y Nacho Vidal libres sin fianza Arquivado 26 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. Xornal El Mundo. 18 de outubro de 2012. (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Artigo El porno feroz: La misoginia como espectáculo de Gabriel Núñez (en castelán)