My Diet Pill
My Diet Pill é unha banda de Folk-rock de Niza, Francia. Ata o momento teñen editado dous álbums e dous EPs dende a súa creación no 1997. Xa que non teñen ningunha discográfica ou representante, xestiónano todo eles mesmos, incluíndo as gravacións dos discos e os contratos dos concertos.
My Diet Pill | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Niza, Francia ![]() |
Membros | Vlad D'argirolle Rj Alex |
Na rede | |
http://www.mydietpill.net/ | |
![]() ![]() ![]() |
Desfrutan de certa popularidade no seu país natal e, grazas a Internet e ás redes p2p de intercambio de arquivos (alguén adicouse a pór cancións deles nos ficheiros de álbums de grupos máis coñecidos) o seu número de fans no mundo crece cada día. Ata o de agora, levan tocado máis de 200 concertos en Europa.
Membros
editar- Vlad - Voz, guitarra, teclado e desaparafusador.
- D'argirolle - Voz, guitarra, harmónica e teclados.
- Rj - Voz, baixo e harmónica.
- Alex - Batería e 303.