Mutual Aid: A Factor of Evolution
Mutual Aid: A Factor of Evolution (Axuda mutua: un factor da evolución) é un libro do ruso Piotr Kropotkin sobre o concepto da axuda mutua e a cooperación voluntaria dentro do proceso evolutivo.
Mutual Aid: A Factor of Evolution | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Mutual Aid: A Factor of Evolution |
Autor/a | Piotr Kropotkin |
Orixe | Inglaterra |
Lingua | inglés |
Tema(s) | evolución, Axuda mutua, anarquismo, xestión do cambio, institución e Solidariedade |
Xénero(s) | Ensaio, recompilación de artigos |
Editorial | Heinemann |
Data de pub. | 1902 |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi escrito durante o seu exilio en Inglaterra. Foi publicado por primeira vez por William Heinemann en Londres en outubro de 1902, pero os distintos capítulos xa foran publicados orixinalmente entre 1890 e 1896 como unha serie de ensaios na revista literaria mensual británica, Nineteenth Century (século XIX).
Escrito en parte como resposta ó darwinismo social e, en particular, ó ensaio de Thomas H. Huxley The Struggle for Existence, o libro baséase na súa experiencia do día a día nas expedicións científicas en Siberia para ilustrar o fenómeno da cooperación. Tras examinar as probas da cooperación en comunidades de animais non humanos, "salvaxes", "bárbaros", nas autónomas cidades medievais, e na época moderna, chega á conclusión de que a cooperación e a axuda mutua son tan importantes ou máis na evolución da especie como a competencia e a loita mutua.
Considerada como unha das súas maiores obras, Kropotkin mostra toda a súa esencia como ideólogo sen deixar de lado o plano científico e analítico do tema en si. Partindo desa base, converte o principio do apoio mutuo e voluntario nun principio político.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- La ayuda mutua (en castelán)
- Análise da obra (en castelán)