Museo de Belas Artes de Asturias
O Museo de Belas Artes de Asturias (en asturiano: Muséu de Belles Artes d'Asturies) é o museo de arte máis importante de Asturias, ocupando tres históricos edificios da cidade de Oviedo: o Palacio de Velarde, a Casa de Oviedo-Portal e a ampliación na Casa de Solís-Carbajal, nas rúas da Rúa e Santa Ana. Conta con obras de autores como Francisco de Goya, El Greco, Umberto Pettinicchio, Pablo Picasso, Carreño Miranda, José de Ribera, algúns retablos de pintura flamenga e italiana e artistas contemporáneos.
Museo de Belas Artes de Asturias | |
---|---|
![]() | |
Coordenadas | 43°21′43″N 5°50′40″O / 43.361928, -5.844485 |
País | España |
Cidade | Uviéu |
Tipo | Museo de Arte |
Administrador | Principado de Asturias Concello de Oviedo |
Construción | século XVII - XVIII |
Inauguración | 19 de maio de 1980 |
Superficie | 45.000 m² (total) 12.000 m² (exposición) |
Visitantes | 108 863 (2018) |
Na rede | |
https://www.museobbaa.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Historia
editarFoi inaugurado o 19 de maio de 1980 a partir da colección de arte propiedade da antiga Deputación Provincial de Oviedo, agora dependente da Consellería de Cultura do Principado de Asturias, e está sufragado con fondos do Principado e do Concello de Oviedo.
O museo conta cunha colección integrada por case 15 000 obras, entre pintura (unhas 1 500), escultura, debuxo, gravado e artes industriais (unhas 4 000 pezas),[1] aínda que realmente dispón dunha exhibición permanente de 800.[2] Contén pinturas de artistas españois -salientando os asturianos- e estranxeiros (salientando a pintura italiana e flamenga), ademais de esculturas, fotografías e obxectos de vidro e louza. En 2017, a colección sumou 33 obras importantes doadas por Plácido Arango Arias.[3]
En 2015, e logo de oito anos de reformas interrompidas pola aparición de restos romanos e medievais, inaugurouse a ampliación do museo, que correu a cargo do arquitecto navarro Francisco Beloqui Mangado, e coa que duplicou a súa superficie (de 4 000 a case 8 000 metros cadrados).[1] Con isto, o museo consegue ter unha fachada cara a praza da Catedral de Oviedo. O acceso ó museo é de balde e conta ademais con exposicións de carácter temporal, ciclos de cinema e obradoiros.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 El Museo de Bellas Artes de Asturias duplica su espacio y abre al público, El País (31 de marzo de 2015).
- ↑ Oviedo, con mucho arte: reabre el Museo de Bellas Artes de Asturias, Diario del viajero (31 de marzo de 2016).
- ↑ arsmagazine.com, ed. (17 de maio de 2018). "El Museo de Bellas Artes de Asturias muestra la donación de Arango" (en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)