Museo Marítimo Seno de Corcubión

museo en Corcubión

O Museo marítimo Seno de Corcubión era un centro adicado á vida marítima da Costa da Morte, situado na vila de Corcubión.[1] Atopábase nunha antiga fábrica de salgadura e foi inaugurado o 6 de outubro do 2001.[1] Nel había gran cantidade de apeiros de pesca, instrumentos de navegación, de salvamento marítimo, maquinaria, obxectos de carpintaría de ribeira e moitas pezas máis relacionadas co traballo no mar.[1]

Museo Marítimo Seno de Corcubión
Coordenadas42°56′26″N 9°11′28″O / 42.940658333333, -9.1910416666667
PaísEspaña
CidadeCorcubión
TipoHistórico, cultural
Inauguración6 de outubro de 2001
editar datos en Wikidata ]

En 2015 clausurou as súas portas definitivamente, despois do fracaso dunha iniciativa para construír un hotel nas instalacións.[2]