Movemento Socialista para a Integración
O Movemento Socialista para a Integración (Lëvizja Socialiste për Integrim) é un partido político albanés que xurdiu en 2004 como unha escisión do Partido Socialista de Albania encabezada polo ex-primeiro ministro Ilir Meta que acusaba a Fatos Nano de non favorecer a integración en Europa e de falta de transparencia. Nas eleccións de xullo de 2005 conseguiu 5 escanos na Asemblea de Albania co 8.5% dos votos.
Lëvizja Socialiste për Integrim (LSI) | |
---|---|
Partido político de Albania | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Ilir Meta |
Mocidades | Lëvizja Rinore për Integrim (Movemento Xuvenil para a Integración) |
Historia | |
Fundación | 2004 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia Europeísmo |
Outros datos | |
Sede | Tirana |
Na rede | |
https://partiaelirise.al/ | |