Motor shunt
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
O motor shunt ou motor de excitación en paralelo é un motor eléctrico de corrente continua no que o debandado indutor principal está conectado en derivación ou paralelo co circuíto formado polos debandados inducidos e indutor auxiliar.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/ba/Motor_paralelo.jpg/220px-Motor_paralelo.jpg)
Tal e coma sucede nas dinamos shunt, as bobinas principais están constituídas por moitas espiras e cun hilo de pouca sección, polo que a resistencia do debandado principal é moi grande.
No instante do arranque, o par motor que se desenvolve é menor que no motor serie. Coa diminución da intensidade absorbida, o réxime de xiro case non sofre variación algunha.
É o tipo de motor de corrente continua no que a velocidade non diminúe máis que lixeiramente cando o par aumenta. Os motores de corrente continua en derivación son axeitados para aplicación onde se necesita velocidade constante ou nos casos onde é necesario un rango apreciable de velocidades.
Dada a súa estabilidade, os motores shunt posúen un campo de aplicación moi amplo: fresadoras, tornos, taladradoras…