Mosteiro dos Picos
O mosteiro dos Picos ou mosteiro de San Martiño de Vilalourente é un antigo mosteiro medieval situado nos arredores da vila de Mondoñedo, na parroquia dos Remedios do concello de Mondoñedo.
Mosteiro dos Picos | |
---|---|
![]() Mosteiro dos Picos | |
País | España |
Localización | Os Remedios (Mondoñedo) |
Coordenadas | 43°26′02″N 7°22′48″O / 43.43388889, -7.38 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarAlgúns documentos apuntan que foi construído en 1348. O mosteiro xa existía no século XIV. Os franciscanos foron os seus primeiros moradores e máis tarde serviu como Hospital de Peregrinos do Camiño Norte. A comezos do século XVIII, con Juan Antonio Muñoz Salcedo como bispo de Mondoñedo, remodelouse o templo: reconstituíse o campanario para darlle máis altura e derribouse a anterior igrexa. O bispo pagou as obras de construción da nova e o seu retablo maior. Foi habitado polos Pasionistas entre 1884 e 1964, ficando deshabitado ata a actualidade.
Popularmente coñécese como mosteiro dos Picos debido á vestimenta dos primeiros monxes que o habitaron. A subida ao mosteiro coñécese co nome de "Calvario" pola existencia dun Viacrucis bastante deteriorado (só quedan 9 estacións das 14 que debería de haber).
Edificación
editarA igrexa consta dunha nave en tres tramos cubertos de nervatura gótica, cúpula con lanterna, presbiterio, claustro rectangular de dous pisos con arcos no baixo e ventás no alto, construído a partir de 1687, cociña antiga e escaleira principal do século XVIII. Fachada principal barroca cun ollo de boi central e unha torre lateral de dous corpos e remate en cúpula. No interior ten un retablo maior salomónico con esculturas, dous retablos laterais barroco e moderno e cadeirado do coro barroco.
Estado actual
editarHoxe atópase en estado ruinoso e está totalmente abandonado. A igrexa comeza a ter fendas e o edificio do mosteiro ten os tellados fendidos e a silveira devora o recinto pola parte de atrás.
No ano 2001 estivo a piques de ser rehabilitado. A Consellería de Cultura achegou diñeiro para reparar tellados e un obradoiro local restaurou o claustro. Hoxe todo está inaccesible e o acceso ao interior está prohibido.
Galería de imaxes
editar-
Mosteiro dos Picos.
-
Portada da igrexa.
-
Viacrucis.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- O mosteiro na web de Mondoñedo Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Ficha en Turgalicia