Monte Carmelo (zarzuela)
Monte Carmelo é unha zarzuela (comedia lírica) en tres actos con música de Federico Moreno Torroba sobre un libreto de Federico Romero e Guillermo Fernández-Shaw. Foi estreada no Teatro Calderón de Madrid o 17 de outubro de 1939.
Monte Carmelo | |
---|---|
Forma | Zarzuela |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Castelán |
Libretista | Federico Romero e Guillermo Fernández-Shaw |
Estrea | 17 de outubro de 1939 |
Teatro da estrea | Teatro Calderón |
Lugar da estrea | Madrid |
Música | |
Compositor | Federico Moreno Torroba |
Personaxes
editar- Don Sancho, marqués esmorguista que dilapidou a fortuna familiar.
- Esperanza, filla de don Sancho e namorada de Juan María.
- Manrique, sobriño de Mamá Dolores, conde de Monte Carmelo e Garda Real do Vaticano.
- Don Alonso, arcebispo de Granada.
- Don Lope, capitán xeneral.
- Luis Doncel, un oficial de cabalería e axudante do capitán xeneral.
- Juan María, secretario do arcebispo.
- Serafina, nodriza xitana, nai de María Cleofé e Joselito.
- Mamá Dolores, avoa de Esperanza.
- Currito, o seu cocheiro.
- Angustias, a súa doncela.
- Miguel, mordomo do marqués.
- María Cleofé, rapaza xitana aprendiza de doncela.
- Joselito, asistente de Manrique.
- Madre Martirio
- Madre Superiora
- Servintes, oficiais, xitanos etc.
Argumento
editar- Data: mediados do século XIX
- Lugar: Granada
Acto I
editarNa casa do Marqués de Avellano, Esperanza, a maior das fillas do marqués don Sancho, contempla o Albaicín melancólica, xa que ten un amor imposible. Entra a súa avoa, Mamá Dolores, condesa viúva de Monte Carmelo, marquesa viúva de Avellano e de Alminar, unha muller maior e alegre que contaxia a súa risa a tódolos que van entrando.
Mamá Dolores anuncia a chegada a Granada do seu sobriño Manrique, conde de Monte Carmelo e Garda Real do Vaticano, con quen quere casar a unhas das súas netas, polo que convidou a tomar chocolate tamén a don Alonso (arcebispo de Granada) e a don Lope (capitán xeneral).
Entra Serafina, a nutriz, unha xitana moi limpa, ben composta e moi faladora, nai de María Cleofé e Joselito, o asistente de Manrique, e comeza unha animada conversa con Mamá Dolores.
Aparece o marqués don Sancho, un esmorguista que dilapidou a fortuna familiar. Pouco a pouco chegan os convidados, comezando por varios oficiais de cabalería entre os que se encontra o axudante do capitán xeneral, Luis Doncel, que galantean con Rafaela. Logo chegan Manrique e Joselito, seguidos por don Lope e don Alonso. Logo de servirse o chocolate entran Esperanza e Rafaela, que son presentadas pola súa avoa.
Acto II
editarNa quinta de Mamá Dolores, chamada Monte Carmelo, Esperanza e Rafaela cantan historias de amor do Albaicín acompañadas por unhas xitanas con palmas e baile. Don Lope advirte a don Sancho de que se non liquida axiña as súas débedas acabará por perder tódalas súas posesións. Joselito pola súa banda, atopa unha liga de muller, o que desencadea un alboroto entre os homes, que fan conxecturas sobre a propietaria. Nese intre, Luis Doncel proclama o seu amor por Rafaela, cuxa paixón se despertou ao pensar que a liga era súa.
Entra Mamá Dolores rodeada das rapazas convidadas que se preguntan para cal será Manrique.
Rafaela e Luis Doncel manteñen un equívoco diálogo respecto á liga, estando a moza namorada del. Por outra banda, Esperanza está namorada de Juan María, o secretario do arcebispo, mais ante a imposibilidade do seu amor dille a Manrique que quere casar con el.
Acto III
editarO primeiro cadro ten lugar nunha encrucillada de rúas do Albaicín, onde ao mencer un grupo de xitanos quere entrar, e a Madre Martirio só deixa entrar a Serafina para ver a seu fillo, capelán. Saen Esperanza e Manrique, que acoden a falar coa Madre Superiora e Juan María respectívamente, comunicándolle Manrique a este último que acaba de ser nomeado cóengo de Guadix.
O terceiro cadro transcorre na quinta de Monte Carmelo, onde Mamá Dolores borda xunto a Esperanza e Rafaela mentres murmuran entre si. Entra Serafina e prodúcese unha situación equívoca, xa que non se aclaran sobre quen vai casar con Manrique, é entón cando entra Luis Doncel e se declara a Rafaela, quen acepta encantada. Manrique ofrécelles como agasallo pola voda as notas promisorias de don Sancho unha vez saldadas as súas débedas.
Mamá Dolores ofrécelle a man de Esperanza a Manrique, mais el contéstalle que é imposible, xa que Esperanza decidiu meterse a monxa. Manrique dálle a liga a Luis Doncel dicíndolle que lle pertence, mais Mamá Dolores arrebátalla nada máis vela, xa que era ela quen a perdera.
Números musicais
editar- Granada mía, Manrique
- Habanera (Madre de mis amores (Esperanza)
- Terceto (Esperanza, Manrique e Rafaela)
- Liga de mujer (Manrique e homes)
- Profecías de Mamá Dolores (Chicas e Mamá Dolores)
- Dúo (Esperanza e Juan María)
- Dúo (Manrique e Juan María)
- Guarda, Guarda (Mamá Dolores, Esperanza e Rafaela)
Discografía
editarAno | Intérpretes | Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo |
---|---|---|---|
1939 | Pepita Rollán, Selica Pérez Carpio, Eulalia Zazo, Luis Sagi-Vela, Alfredo Muelas |
Federico Moreno Torroba, Orquestra do Teatro Calderón de Madrid |
Columbia Records (78 r.p.m.) Homokord (CD) |
Existen outras gravacións con fragmentos e extractos desta zarzuela, como o recompilatorio de 1960 Granada mía, de Renato Cesari, no que participa tamén a Orquesta de Conciertos de Madrid dirixida polo propio Moreno Torroba, ou o de 1970 Jardines de Granada coa Orquesta Filarmonía de España baixo a dirección de Rafael Frühbeck de Burgos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Libreto en lazarzuela (en castelán)