Maruca
A maruca (Molva molva, Linnaeus 1758; antes Gadus molva) é un peixe mariño da familia Lotidae, da orde dos Gadiformes.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/08/Molva_molva.png/300px-Molva_molva.png)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/07/Molva_molva_dis.png/300px-Molva_molva_dis.png)
Morfoloxía
editarPresenta un corpo longo e delgado, con talles usuais de entre 100 e 150 cm, e máximos de 200 cm de lonxitude e 45 kg de peso, sendo a especie de maior tamaño da súa familia. A cabeza é pequena (menos do 18% da lonxitude total) e aplanada, coa mandíbula superior prominente sobre a inferior; nesta, unha barba. Ten dúas aletas dorsais, a primeira curta e con 13 a 15 raios brandos, e a segunda moi longa, con 75-83 raios brandos. A anal é tamén longa pero menor que a segunda dorsal; con 58-64 raios brandos. As pélvicas estreitas e pequenas, con 6 raios. A caudal é arredondada.
A cor é marrón verdoso no dorso, como bronce, e abrancazada polo ventre. Son características unhas manchas escuras no bordo posterior das aletas dorsais e da anal. A liña lateral é case recta.
Hábitat e bioloxía
editarÉ unha especie propia do océano Atlántico norte, entre os 35º Norte (Marrocos ata os 75º Norte (Ártico), distribuíndose por toda a costa europea, Canadá e Groenlandia; presente pero pouco común no Mediterráneo e Mar Morto. Vive a profundidades de 100 a 1.000 metros (usualmente entre 100–400 m), sobre fondos rochosos, pero os exemplares novos achéganse á costa, manténdose a 15–20 m de profundidade. Non ten hábitos gregarios.
En Galicia, Ríos Panisse só atopou a denominación de maruca e mais a variante meruca.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
- RODRÍGUEZ VILLANUEVA, X. L., e VÁZQUEZ, Xavier: Peixes do mar de Galicia III. Edicións Xerais de Galicia, Vigo 1995.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maruca |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Maruca |