Moeda de medio centavo de dólar estadounidense
A moeda de medio centavo de dólar estadounidense foi unha moeda de cobre con ese valor facial, emitida entre 1793 e 1857 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos. Tivo cinco modelos diferentes e foi a moeda de menor valor facial das que circularon nos Estados Unidos.
Historia
editarA moeda de medio centavo de dólar foi autorizada por primeira vez pola Lei da moeda de 1792, do 2 de abril.[1][2] A partir dese momento cuñouse sempre cun 100 % de cobre e unicamente na Ceca de Filadelfia.[3]
A súa produción foi cancelada pola Lei da Moeda de 1857, do 21 de febreiro.[4]
Versións
editarNo seu anverso, a moeda de medio centavo representa unha personificación alegórica da Liberdade, coa inscrición LIBERTY, en tanto que no seu reverso se amosa o valor facial da moeda rodeado por unha coroa vexetal. Hai cinco versións deste modelo xeral:
Versións | Imaxe | Período | Deseño | Gravado | Características | Tiraxe |
---|---|---|---|---|---|---|
Liberty Cap [5] (Liberdade con gorro) Cara á esquerda |
1793 | Incerto.[6] | Henry Voigt | Cobre 6,74 g 22 mm |
35.334 | |
Liberty Cap [7] (Liberdade con gorro) Cara á dereita |
1794-1797 | Robert Scot | Robert Scot | Cobre 6,74 g 23,5 mm |
350.520 | |
Draped Bust [8] (Busto drapeado) |
1800-1808 | Robert Scot | Robert Scot | Cobre 5,44 g 23,5 mm |
3.416.950 | |
Classic Head [9] (Cabeza clásica) |
1809-1836 | John Reich | Robert Scot | Cobre 5,44 g 23,5 mm |
6.934.862 | |
Braided Head [10] (Cabeza con trenzado) |
1840-1857 | Christian Gobrecht | Christian Gobrecht | Cobre 5,44 g 23,0 mm |
544.510 |
Notas
editar- ↑ "Coinage Act of April 2, 1792". United States Mint.
- ↑ "Copper Half-Cent and One-Cent Coin Legislation". United States Mint.
- ↑ "Half Cent, Coin Type from United States - detailed information". Onlinecoin.club
- ↑ Texto da Lei da Moeda de 1857. Memory.loc.gov
- ↑ "½ Cent 1793". Numista.com
- ↑ Non se coñece documentalmente a autoría desta primeira versión. Algunhas fontes atribúenlla a artistas gravadores como Joseph Wright, Henry Voigt ou Adam Eckfeldt ("Liberty Cap Half Cents Arquivado 23 de novembro de 2022 en Wayback Machine.". Libertycaphalfcent.com).
- ↑ "½ Cent Liberty Cap, Head Facing Right". Numista.com
- ↑ "½ Cent Draped Bust". Numista.com
- ↑ "½ Cent "Classic Head". Numista.com
- ↑ "½ Cent "Braided Hair". Numista.com
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda de medio centavo de dólar estadounidense |
Bibliografía
editar- Manley, R. P. (1998). The Half Cent Die State Book 1793-1857. J. R. Grellman.
- Cohen, R.S. (1982). American Half Cents. The "Little Half Sisters". Wigglesworth & Ghatt.
- Breen, W. (1983). Walter Breen's Encyclopedia of United States Half Cents 1793-1857. American Institute of Numismatic Research. ISBN 978-0911021004
- Eckberg, W. R. (2019). The Half Cent, 1793-1857 The Story of America's Greatest Little Coin. Eckberg. ISBN 9781645164173
- Fuhrman, E. (2020). The Half Cent Handbook: Draped Bust Varieties 1800-1808.
- Fuhrman, E. (2021). The Half Cent Handbook: Classic Head & Braided Hair Varieties.
- Fuhrman, E. (2022). The Half Cent Handbook: Liberty Cap Varieties 1793-1797.
- Fuhrman, E. (2022). The Half Cent Handbook: Errors and Oddities.
- Yeoman, R. S. (2022). A Guide Book of Red Book US Coins 2023. Whitman. ISBN 978-0794849627