Moeda de 1 euro
A moeda de 1 euro está formada por unha zona interior de cuproníquel e por unha zona exterior de níquel-latón. Ten un diámetro de 23,25 mm, un grosor de 2,33 mm e un peso de 7,50 gramos. A súa beira é estriada alterna: tres grupos de estriado fino entre tres segmentos lisos.
Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997. Este reverso común tivo un pequeno axuste en 2007.[1][2]
Austria e Italia solicitaron varias veces ao Banco Central Europeo a posibilidade de emitir billetes dun euro para controlar a inflación.
Caras actuais
editarCaras antigas
editarNotas
editar- ↑ "Types of euro coins: common sides". European Commission.
- ↑ "Luc Luycx a dessiné l'€". En DH.be.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda de 1 euro |