Modesto Álvarez Elices
Modesto Álvarez Elices, nado en Xinzo de Limia o 23 de marzo de 1888 e finado no mesmo concello o 16 de agosto de 1963, foi un farmacéutico, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1888 ![]() Xinzo de Limia, España ![]() |
Morte | 16 de agosto de 1963 ![]() Xinzo de Limia, España ![]() |
![]() | |
1935 – 1936 ← Felisindo Carballo Romero – Augusto Peláez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, político, xornalista ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1913. Foi administrador de El Eco Antelano. Desenvolveu a súa actividade profesional en Tucumán en 1916. Foi Subdelegado de Farmacia en Xinzo de Limia e tiña farmacia en Trasmiras. Na Segunda República foi elixido concelleiro de Xinzo de Limia polo Partido Radical nas eleccións municipais do 31 de maio de 1931.[1] Logo da dimisión de Felisindo Carballo Romero en 1935, foi elixido alcalde de Xinzo de Limia. Finou en Xinzo de Limia o 16 de agosto de 1963.[2]
Predecesor: Felisindo Carballo Romero |
Alcalde de Xinzo de Limia 1935 - 1936 |
Sucesor: Augusto Peláez Quelle |
Vida persoal
editarCasou con Carmen Gómez Villarino, e foi pai de Leopoldo, Abel, Ignacio, Modesto, Monserrat e María del Carmen Álvarez Gómez.
Notas
editar- ↑ Proclamación da II República en Xinzo de Limia (1931)
- ↑ Necrolóxica en La Región, 17-8-1963, p. 3.