Mochi
O mochi (en xaponés: 餅; en chinés: 麻糬), é un boliño feito de arroz glutinoso moído en pasta e despois moldado, típico da gastronomía do Xapón. Aínda que se consome durante o ano todo, é tradicional no Shogatsu (Aninovo) e en ocasións especiais como nos nacementos e casamentos[1] En Galicia, e en todo occidente, é común atopalo coma sobremesa doce (daifuku) nos restaurantes xaponeses, recheo de froitas, de diferentes cremas, escumas ou xeados.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/f/ff/Mochi_002.jpg/220px-Mochi_002.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/1/1d/Rice_Cake.jpg/220px-Rice_Cake.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/0a/Mochituki1.jpg/220px-Mochituki1.jpg)
Durante as festas de Aninovo, que no Xapón duran varios días, promóvese en todo o país o festival do mochitsuki no que o mochi prepárase e distribúese para todo o público. Algunhas localidades ou entidades axendan o mochitsuki para o terceiro día do novo ano.
Nesta época, moitas empresas fechan as súas portas a partir do día 28 ou 29 de decembro, acompañando o costume xaponés de celebrar o Aninovo en clima de festa polo menos até o terceiro día do novo ano.
Mochitsuki
editarO mochitsuki é un festival que conta coa participación popular desde a recadación de fondos, pasando pola organización e realización do cerimonial, no que a xente se turna para esmagar o mochi.
Como rito de paso de ano, o esmagado colectivo do arroz ás vésperas do Aninovo é emblemático: representa a certeza da recompensa do esforzo arduo e solidario, e a distribución do mochi no Shogatsu, a renovación da esperanza de fartura á mesa durante todo o ano que se reinicia. Para o cerimonial:
- O arroz glutinoso puído déixase nun mollo durante a noite e despois cócese.
- O arroz cocido mállase cun mazo (kine) nun morteiro (usu). Dúas ou máis persoas traballan con movementos ritmados esmagando, virando e humedecendo a masa.
- A masa macerada moldéase en varios formatos, dependendo da localidade. En Osaka o mochi toma forma esférica, en Toquio o formato é cúbico.
Aínda que o mochitsuki non sexa necesariamente unha celebración relixiosa, gran parte das familias xaponesas celebra a pasaxe do ano ofrendando mochi a deidades nos seus oratorios domésticos, motivo polo que atopamos electrodomésticos que fan mochi até mesmo fóra do Xapón. Microondas e panificadoras domésticas tamén fan ás veces de "mochiceiro" aproveitándose para cocer a vapor e amasar o mochi.
-
Electrodoméstico para facer mochi
-
Malla do mochi
-
Fileiras de mochi
Variacións populares do mochi
editarConfeitaría
editarDiferentes tipos de wagashi (doces tradicionais xaponeses) fanse con mochi. Por exemplo, o daifuku é un mochi suave e redondo cun recheo de anko doce. O ichigo daifuku e un doce recheo cun amorodo enteiro.
O kusa mochi é unha variedade verde de mochi consabor de yomogi. Cando o daifuku se fai con kusa mochi, chámase de yomoji daifuku.
Xeados
editar- Artigo principal: Xeado de mochi.
No Xapón e nos Estados Unidos elabóranse xeados de mochi. As boliñas de xeado envólvense en mochi e véndense en diferentes sabores (chocolate, manga, té verde, café, vainilla e amorodo). En Galicia xa se atopan coma sobremesas dalgúns restaurantes. Xa se atopan en supermercados, como no Mercadona.
Sopas
editarOshiruko ou ozenzai é unha sopa doce de feixón azuki con cachos de mochi. Os xaponeses acostuman tomar esta sopa no inverno para se aqueceren.
O chikara udon (macarrón da forza) é un prato que consiste en macarrón udon en sopa con mochi torrado por riba.
Especialidades do Aninovo
editarKagami mochi é un arranxo de mochi “en espello” que despois de pasado o Aninovo pártese e cómese seguindo un ritual chamado Kagami biraki (abertura do espello).
A sopa zoni é unha sopa que contén pasta de arroz. O zoni é un prato que tamén se come no día de Aninovo. Alén do mochi, o zoni contén outros ingredientes como o vexetal xaponés mitsuba, a cenoura e o kamaboko vermello e branco.
Kinako mochi é outro mochi que tamén se prepara para o Aninovo para dar sorte. O modo de preparar o mochi inclúe: torrar o mochi sobre o lume ou nunha grella, despois mergullalo nunha mestura de mollo de soia, azucre e auga, e por fin pasar en kinako (farelo de soia).
Outros
editarWarabimochi non é un mochi propiamente dito, mais un doce xelatinoso feito con amidón dunha planta chamada warabi e cuberto ou mergullado en kinako (farelo de soia torrada e adozada). É moi popular no verán e se vende en camionetas coma se fose o xeado en Occidente.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mochi |