Mo Yan
Guan Moye (chinés simplificado: 管谟业; pinyin: Guǎn Móyè), nado en Gaomi (Shandong) o 17 de febreiro de 1955, é un escritor chinés, máis coñecido co pseudónimo de Mo Yan (chinés simplificado: 莫言; pinyin: Mò Yán), que significa "Non fales"[1]. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 2012.[2][3]
Acadou sona en occidente especialmente pola adaptación cinematográfica que o director Zhang Yimou fixo dunha das súas novelas, co título de Hong gao liang ("Sorgo vermello").
Traxectoria
editarNaceu na provincia de Shandong, nunha familia de granxeiros. Deixou a escola durante a Revolución Cultural para traballar nunha fábrica de petróleo. Con 20 anos alistouse no Exército Popular de Liberación, as actuais forzas armadas do seu país, e nesa época comezou a escribir. En 1981 publicou a súa primeira novela. En 1984 obtivo un posto na Escola de Arte e Literatura do Exército, o que lle permitiu dedicar máis tempo a escribir. En 1996 publicou 丰乳肥臀 ("Grandes peitos anchas cadeiras"), novela que foi prohibida na China, e no que desde unha visión feminina revisa case un século da historia do seu país.
Estilo
editarO seu estilo foi comparado co realismo máxico de Gabriel García Márquez ou mesmo con Franz Kafka, William Faulkner ou Fiódor Dostoievski debido á súa introspección e a análise que fai da crueza do home e a sociedade. Realismo alucinatorio segundo a Academia Sueca. Emprega unha lingua cruel e elegante ao tempo. Inzada de imaxes imposibles por veces estremadamente violentas e en ambientes rurais, onde as mulleres sofren inxustizas e a sociedade abondas mostras de abuso de poder, corrupción e submisión. E resulta especialmente hábil en contar historias desta sorte evitando a peneira da censura chinesa.
Adaptacións
editarVarias das súas novelas foron levadas ao cine:
- Hóng Gāoliáng (1987; dirixida por Zhang Yimou)
- Xìngfú Shíguāng (2000; dirixida por Zhang Yimou).
- Nuǎn (2003; dirixida por Huo Jianqi)
Notas
editar- ↑ "La voz recuperada de Mo Yan", artigo en El País, 10 de maio de 2008 (en castelán).
- ↑ Valiente, David (18 de outubro de 2022). "Mo Yan, el campesino que ganó el Nobel de Literatura". librujula.publico.es (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2023.
- ↑ Redacción (11 de outubro de 2012). "Mo Yan: Nobel de Literatura por su visión mágica y realista de China". eitb.eus (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- 莫言 (La literatura china traducida en España)