Mitú
capital do departamento colombiano de Vaupés
Mitú é un concello de Colombia, capital do departamento de Vaupés.[1] Atópase na parte sueste de Colombia e sobre a fronteira co Brasil. O concello atópase predominantemente sobre a marxe dereita do río Vaupés. Con arredor de 16.422 km², segundo o censo do DANE, e cunha poboación aproximada de 16.580 habitantes, onde predominan 27 etnias indíxenas diferentes. Mitú caracterízase por ser un concello de transición entre as chairas secas da Orinoquía, e a selva húmida amazónica. As súas temperaturas roldan entre 25 e 30 °C, cunha distancia aproximada de 600 km (por vía aérea) ao sueste de Bogotá.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamento | Vaupés ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 28.382 ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 16,422 km² ![]() | ||||
Bañado por | río Vaupés ![]() | ||||
Altitude | 183 m ![]() | ||||
Creación | 1936 ![]() | ||||
Sitio web | mitu-vaupes.gov.co… ![]() |
Notas
editar- ↑ (en castelán) Empresa telefonica de Bogota; Mitú Arquivado 2012-07-30 en Archive.is