Miss España
O concurso Miss España é un certame de modelos femininas de nivel español, que se celebra anualmente. Organizado por unha empresa privada, o premio escólleo un xurado que avalía a beleza, a calidade da modelaxe e a resposta a algunhas tarefas específicas relacionadas coa actitude. As candidatas participantes escóllense en diversos procesos de selección de carácter provincial.
O concurso adoita celebrarse no mes de marzo.
Historia
editarA primeira edición do concurso celebrouse en 1929, co nome de Señorita de España. Suspendido pola guerra civil española en 1936, non se recuperou a súa celebración ata a década dos sesenta. Dende 1995, só poden participar candidatas seleccionadas por provincias, se ben con anterioridade combinábanse provincias, rexións, zonas turísticas etc.