"Mirrorcle World" é o sinxelo en formato físico nº 43 (e o 44 en tódolos formatos) da cantante xaponesaAyumi Hamasaki, lanzado ó mercado o 8 de abril do ano 2008 so o selo avex trax.
A canción que dá título ó sinxelo é unha versión estendida da canción "Mirror", unha canción introdutoria de dous minutos de duración do seu noveno álbum en estudio, Guilty. O sinxelo foi lanzado exactamente dez anos despois do seu sinxelo debut con Avex, "Poker Face". O sinxelo inclúe dúas novas gravacións do seu segundo e quinto sinxelo, ambos os dous lanzados o ano 1998, "You" e "Depend on you", respectivamente.
Carteis promocionais de "Mirrorcle World" en Toquio, Xapón.
"Mirrorcle World" foi certificado como disco de platino polo RIAJ por distribuír máis de 250.000 copias no Xapón, sendo o primeiro sinxelo de Hamasaki dende "Blue Bird", que fora lanzado en 2006.
A versión CD+DVD de "Mirrorcle World", de acordo coas declaración de Avex, foi lanzada nunha "presentación especial limitada" que vén nunha caixa vertical. Tamén, as primeira edicións para a prensa do CD+DVD viñan cun póster da imaxe da portada. A versión dun único CD, porén, veu nunha edición normal. Spoinichi Annex revelou que a portada de Mirrorcle World incluiría un topless de Hamasaki, na liña das portadas do seu álbum e do seu sinxelo "LOVEppears" e "Appears", respectivamente, así e todo, se ben o pelo de Hamasaki cobre o seu busto como nos mencionados produtos, na portada de "Mirrorcle World" Hamasaki tapa os seus peitos co seu brazo.
O 9 de xaneiro, comezan a circular rumores de que Kamasaki voara a Venecia para gravar un comercial para Panasonic. O vindeiro día, o rumor confirmouse e o 22 de febreiro, Panasonic lanzou o comercial, utilizando "Mirrorcle World". Ademais de gravar o comercial para Panasonic, Hamasaki voou ata París onde rodou o videoclip para a canción. O devandito vídeo lanzouse oficialmente o 19 de marzo de 2008.