Mimulfo
Mimulfo, finado en Orta San Giulio en 590, foi un duque longobardo, señor da zona de Novara sobre o 575, probabelmente como duque de San Giulio.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI |
Morte | 590 (Gregoriano) Orta San Giulio, Italia (pt) |
Causa da morte | decapitación |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque |
Traxectoria
editarSegundo a Historia Langobardorum de Paulo Diácono[1], o duque foi acusado de traizón a favor dos francos e feito decapitar na illa de San Giulio polo rei Axilulfo no 590.
É probábel que detrás da súa condena haxa motivacións políticas, ligadas á hostilidade de diversos duques contra o novo rei.
Un pequeno sarcófago que contiña restos humanos e unha inscrición MEINULF (hoxe desaparecida), atopouse na basílica de san Giulio, durante as escavacións efectuadas a finais do século XVII[2]. O sarcófago úsase agora como peto para as esmolas na igrexa.
Notas
editar- ↑ Paulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 3.
- ↑ Lazzaro Agostino Cotta, Corografia della Riviera di San Giulio
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992).
- Lazzaro Agostino Cotta, Corografia della Riviera di San Giulio (Milán 1690), Borgomanero 1980.